brais-mendez-debut-goleador-celta-vigo-san-mames-athletic.jpg
Primeiro Equipo

O canteirán Brais Méndez debuta como goleador do primeiro equipo

RC Celta

O canteirán celeste Brais Méndez (Mos, 1997) marcou o seu primeiro gol co primeiro equipo do RC Celta ante o Athletic Club en San Mamés. No tempo de desconto, o centrocampista galego finalizou unha gran xogada colectiva dos vigueses cun remate de primeiras que terminou no fondo da rede vasca e que supuxo o gol do empate.

Brais acumula esta tempada 414 minutos repartidos en trece partidos de LaLiga co RC Celta. O de San Mamés foi o seu primeiro gol, pero xa sabía o que era asistir co primeiro equipo céltico. O mosense asinou a súa estrea asistente cun pase a Iago Aspas na xornada 21 ante o Real Betis, un partido que finalizou con vitoria viguesa.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas