Excelente noticia para o RC Celta nesta primeira semana de pretempada. O canteirán Rubén Blanco recibiu por fin a alta médica tras superar por completo a rotura de alto grado no ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo.
O porteiro celeste lesionouse no transcurso do encontro ante o Huesca disputado durante o pasado mes de marzo e nas últimas horas recibiu por fin a alta médica tras varios días de adestramentos sen limitacións.
Rubén estará xa que logo ao cento por cento neste arranque de pretempada, que tras unha semana de adestramentos en Afouteza terá continuidade desde o vindeiro domingo na localidade malagueña de Marbella.