Excelente noticia: o dianteiro celeste Santi Mina non sofre danos estructurais, segundo desvela a ecografía que lle realizaron nas últimas horas os servizos médicos do RC Celta. O canteirán foi substituído no minuto 22 do partido do pasado luns ante o Raio Vallecano por unha lesión no bíceps femoral da súa perna esquerda, que finalmente non presenta rotura fibrilar.
O goleador céltico si presenta unha elongación que lle impediu adestrarse co grupo desde o encontro do pasado luns en Vallecas.
Pola súa banda, o capitán celeste, Hugo Mallo, sofre unha lumbalxia aguda e mañá está previsto que realice adestramento progresivo co grupo.