O primeiro equipo adéstrase na Madroa baixo as ordes do novo adestrador celeste, Luis Enrique
VIDEO EN CELTA TV – GALERÍA DE IMAXES
O Real Club Celta regresou aos adestramentos esta mañá nas instalacións deportivas da Madroa. Os xogadores celestes estrearon a nova roupa de adestramento Adidas nun día de moita calor no que o traballo foi sobre todo físico.
Na primeira sesión da pretempada participaron os xogadores do primeiro equipo Sergio, Yoel, Hugo Mallo, Oubiña, Vila, Álex López, Fontás, Nolito, Bellvís, Orellana, Toni, Samuel e David, ademais dos canteiráns Fernán, Yelko, Borja Fernández, Jordan e Adrián. A única ausencia foi a de Gustavo Cabral que por problemas no seu plan de viaxe non puido chegar a tempo á sesión matinal, pero sí participará no adestramento da tarde.
Por outra banda, varios xogadores contan con permiso do club para incorporarse ao traballo máis adiante: Rubén, Túñez, Madinda, Krohn-Dehli, Augusto, Bermejo, Jonny, Charles, Santi Mina, Jota e Bustos.
A mellor noticia da mañá deuna Hugo Mallo, que traballa con total normalidade tras recibir a alta médica. O defensor celeste realizará a pretempada en perfectas condicións tras meses de duro traballo de recuperación. Felicidades Hugo!
O corpo técnico programou outra sesión para esta tarde ás 19:00 horas e mañá estarán na Madroa a partir das 10:00 horas.
Foto: Diego Pérez