Primeiro Equipo

O Celta adxudícase o XXX Trofeo Conde de Gondomar

RC Celta

gondomarcelta-1415-jordan.jpg

Derrotou aos locais, no seu partido do centenario, por 4 a 1. Anotaron Charles, Mina, Samu e Iglesias

 

O Celta, cunha ampla representación de canteiráns, impúxose con claridade na XXX edición do Trofeo Conde de Gondomar, partido conmemorativo do centenario do club anfitrión. Os vigueses derrotaron ao conxunto local por con tantos de Charles, Santi Mina, Samu e Borja Iglesias.

 

O Celta aproveitou a súa primeira chegada, ao catro minutos, para adiantarse: Charles recolleu un rexeite e cruzou ante a saída de Ismael. E o Gondomar a súa, aos 10 minutos. Alejandro rematou na área pequena un centro desde a dereita. Inicio entretido de partido, cos celestes tratando de adaptarse ao terreo de xogo e os locais presionando con intensidade.

 

Aos 21 minutos, Santi Mina deulle de novo vantaxe aos celestes cun gran lanzamento de falta desde a frontal. Bo gol do canteirán. Aos celestes custáballes combinar ante un rival moi combativo e as ocasións foron despareciendo na seguinte fase do choque.

 

Até os 35 minutos. Samu lanzou desde a esquerda un centro pechado que se envenenó e acabou aloxado na rede do conxunto local.

 

Tras o descanso, co Celta formado por nove xogadores do filial e a continuidade de Rubén e Costas, e tamén numerosos cambios no rival, os celestes saíron dominadores e enseguida gozaron de boas chegadas. Thaylor, Borja Iglesias e Julio dispuxeron de oportunidades no primeiro tramo da segunda metade. Óscar Santago desbaratou a primeira ocasión dos locais, unha falta directa que desviou ben a saque de esquina a piques de cumprirse a media hora de xogo.

 

Nesa fase do xogo, o Gondomar se encadeou varias aproximacións con perigo, ben resoltas pola zaga celeste. A resposta, aos 35 minutos, foi unha falta rápida executada por Fernán que acabou de derriba a Borja Iglesias dentro da área. O dianteiro acertou desde o once metros para ampliar a vantaxe céltica.

 

FICHA TÉCNICA

1-Gondomar C.F.: Ismael, Pablo, Villa, Ferro, Borja Villaverde, Cholo, Jaime ‘Agujetas’, Víctor Pousadela, Diego, Aléx y Nico. Tamén xogaron Michael, Iago González, Diego, Javier, Silvio, Iago Vázquez e Mario

 

4-R.C.Celta: Rubén, Hugo Mallo, Costas, Sergi Gómez, Samu, Radoja, Madinda, Jordan, Augusto, Santi Mina e Charles. Na segunda metade xogaron, Borja Domínguez, Javi Rey, De Amo, Casas, Brais Méndez, Pape Diop, Thaylor, Borja Iglesias, Julio, Fernán e Óscar Santiago

 

0-1, min.4: Charles; 1-1, min.10: Alejandro; 1-2, min.21:Santi Mina; 1-3, min.35: Samu; 1-4, min.80: Borja Iglesias, de penalti

 

Árbitro: Eduardo Rivera

 

Campo: As Gaiandas, uns 2.000 espectadores

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas