IMG_20251208_003504_956
Novas primeiro equipo

O Celta asalta o Bernabéu e logra a súa mellor racha a domicilio | Real Madrid 0-2 Celta

RC Celta

O Celta asinou unha gran vitoria no Santiago Bernabéu ao impoñerse por 0-2 grazas a un dobrete de Williot Swedberg. O conxunto de Claudio Giráldez amosou personalidade desde o inicio e soubo xestionar cada momento do encontro para asegurar tres puntos que reforzan a confianza do equipo e engaden un rexistro histórico para o club.

Desde o minuto un, o Celta saíu decidido a competir o partido de ti a ti. O equipo mostrou garra, presión coordinada e unha notable claridade en campo contrario. As chegadas foron constantes e o control do xogo permitiu aos celestes impor o seu ritmo nun estadio sempre esixente. A pesar diso, a primeira metade rematou sen goles; faltou precisión no último toque, aínda que as sensacións xa apuntaban a un Celta sólido e moi metido no encontro.

O inicio do segundo tempo foi máis irregular, pero pronto o equipo recuperou a estabilidade e atopou o premio que buscaba durante case unha hora. Numa acción rápida e ben elaborada, Williot Swedberg, case recién ingresado ao campo, culminou a xogada cun tacón brillante que calou o Bernabéu e puxo por diante ao Celta (0-1). O Real Madrid respondeu con empuxe e obrigou aos galegos a resistir en varios tramos, pero o equipo soubo manter a calma. A expulsión de Fran García alivió a presión celeste, e xa no tramo final, co Madrid con nove xogadores tras a vermella a Álvaro Carrera, chegou o golpe definitivo. No minuto 94, Williot asinou o 0-2 para pechar unha vitoria de enorme importancia.

A vitoria non só ten valor polo escenario e o rival, senón tamén polo récord que acompaña ao equipo. Por primeira vez na súa historia, o Celta encadea catro vitorias consecutivas a domicilio en Primeira División, a súa mellor racha lonxe de casa. Con esta inercia, os celestes poñen agora o foco no seu duelo de UEL ante o Bologna, antes de regresar á LaLiga para disputar en Abanca Balaídos, fronte ao Athletic Club, o último compromiso do ano como locais. Unha oportunidade para pechar o 2025 con boas sensacións e seguir crecendo.

FICHA TÉCNICA:

0 – Real Madrid: Courtois; Raúl Asencio, Militao (Rüdiger, m.21), Carreras, Fran García; Tchouaméni, Fede Valverde, Arda Güler (Gonzalo, m.74), Bellingham; Vinícius e Mbappé.

2 – Celta: Radu; Mingueza (Javi Rueda, m.71), Javi Rodríguez, Starfelt, Marcos Alonso, Carreira; Miguel Román (Fran Beltrán, m.84), Moriba, Pablo Durán (Williot Swedberg, m.46), Bryan Zaragoza (Ferrán Jutglà, m.71); e Borja Iglesias (Iago Aspas, m.87).

Goles: 0-1, m.54: Williot. 0-2, m.93: Williot.

Árbitro:Alejandro Quintero González (Comité Andaluz). Amonestou a Jude Bellingham (m.62), a Valverde (m.92) e a Rodrygo (m.92) e expulsou a Fran García (m.63 e m.64) e a Álvaro Carreras (m.91 ambas) por parte do Real Madrid. Por parte do Celta, mostrou cartón amarelo a Ilaix Moriba (m.83).

Incidencias: Partido correspondente á Xornada número 15 da LALIGA EA SPORTS disputado no Bernabéu ante 74.511 espectadores. Antes do inicio do encontro gardouse un minuto de silencio en memoria do exxogador e adestrador Xabier Azkargorta e do xornalista Alfonso Ussía.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas