Un tanto de Iago Aspas no tramo final permitiu aos vigueses igualar un partido de gran intensidade
Intensidade e gran desgaste desde o inicio, con moita presión en ambos os campos, con dous equipos decididos a buscar a área rival, aínda que no primeiro tramo do choque non lograron crear perigo. Nesta fase inicial, o Athletic mostrou máis apromo e controlaba mellor o encontro, ante un Celta un tanto impreciso. Aos 11 minutos, Aurtenetxe cabeceou ao pau nun saque de esquina. Gran susto para os célticos.
Cumprido o primeiro cuarto de hora, o Celta comenzou asociarse con maior claridade, a enlazar combinacións, a alargar a súa posesión, pero sen crear ocasións de gol. Tívoa Iago Aspas aos 25 minutos nun balón que rematou na área coa dereita ás mans de Iraizoz. O meta rival desviou despois con seguridade un bo lanzamento de falta de Álex López.
Os celestes melloraran de maneira notable o seu rendemento, Iraizoz volveu lucirse aos 31 minutos cun remate de Krohn-Dehli. Aos 36 minutos, os célticos volveron roldar o gol cun balón á madeira á saída dun córner e un reahce que sacou a zaga de maneira milagrosa.
O Celta apertaba nesa fase do choque, que dominou con claridade, e na que fixo méritos para adiantarse no marcador. Augusto, aos 41 minutos, rematou ao lateral da rede coa zurda nunha nova chegada céltica. Con todo, o Athletic, desaparecido, acertou na súa única chegada nesa fase. Boa xogada con gran pase de Aduriz a De Marcos, quen bateu con tranquilidade a Javi Varas.
Salvo os primeiros 15 mimutos, de dominmio visitante, o Celta fora superior ao seu rival, pero encaixou no último instante, xusto cando mellor estaba.
Tras a continuación, Augusto rematou con forza e Iraizoz volveu acertar. Boa parada aos 2 minutos de xogo para desbaratar unha pronta reacción celeste. Catro minutos despois, Javi Varas tapou con mestría un cabezazo de Aduriz. A continuación, un cabezazo de Aspas rozou o traveseiro. Nova ocasión para os celestes, enrabietados. Iraola derrubou con cinismo a Bellvís cando se dispuña a entrar na área, só. Amarela para o bilbaíno.
O traveseiro volveu evitar un tanto do cadro vasco nunha xogada sen elaboración. Balón largo, prolongación e remate. Ían 20 minutos e o partido toleaba.
O encontro entrou no último cuarto de hora sen novidades, coa vantaxe visitante e un Celta que buscaba á desesperada marcar un tanto que lles permitise soñar. Bermejo cabeceou con forza un córner que saíu fóra de maneira incrible.
Iago Aspas apareceu para marcar diferenzas a falta de oito minutos para o final. Balón que leva e cruza con mestría á rede. Empate que lle permite aos vigueses seguir sumando.
FICHA TÉCNICA
1-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Jonathan Vila, Túñez, Bellvís, Oubiña, Madinda. Augusto (Toni, min.75), Álex López (Orellana, min.60), Krohn-Dehli (Bermejo, min.62) e Iago Aspas
1-Athletic Club: Iraizoz, Iraola, San José, Ekiza, Aurtenetxe, Gurpegui, Iturraspe (Ibai, min.58), De Marcos, Susaeta, Muniaín e Aduriz (Llorente, min.75)
Goles: 0-1, min.42: De Marcos; 1-1, min.83: Iago Aspas
Árbitro: Velasco Carballo, do comité madrileño. Amonestou a Jonathan Vila, Gurpegui, Iraola, Muniaín
Campo: Balaídos, 24824 espectadores
Foto: Diego Pérez