O Celta caeu de maneira clara en Vallecas tras encaixar tres tantos, dous deles a balón parado, na primeira metade. Os celestes, con moitos non habituais no once, non acabaron de entrar no partido ante un rival moi necesitado de puntos.
O Raio topouse coa madeira na súa primeira chegade. Bebé rematou ao pau ao tres minutos tras recibir un envío longo na banda esquerda. E pouco despois, de novo a madeira frustrou un cabezazo de Llorente á saída dun córner. Foi un comezo complicado para os celestes, que parecían sufrir para adaptarse ás dimensións de Vallecas, ao estado do terreo de xogo e á forte presión dun rival moi necesitado de vitorias.
Os vigueses aguantaron e aos poucos foron entrando no partido, máis pausado e igualado cando se cumpría o primeiro cuarto de hora. Pero pouco despois, unha xogada desafortunada na banda dereita, cos dous defensores celestes polo chan, acabou en remate a gol de Miku.
Perico cabeceou á rede aos 25 minutos un centro de falta desde o lateral. O Raio tomaba xa clara vantaxe. Que aumentou noutro balón parado aos 36 minutos. Jozabed cabeceou de novo á rede unha falta lateral.
Tras o descanso, Hugo Mallo rematou desde a interior da área, pero o coiro, centrado, acabou nas mans de Juan Carlos. Boa ocasión para o Celta no arranque dunha segunda metade moi complicada dada a enorme desvantaxe. Non houbo máis goles e o Raio venceu coa folgura que cultivou na primeira metade.
FICHA TÉCNICA
3-R. Vallecano: Juan Carlos Quini, Tito (Doado, min.75), Zé Castro, Nacho, Llorente, Trashorras, Jozabed, Pablo H (Montiel, min.62), Bebé e Miku (Javi Guerra, min.68).
0-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Goldar, Sergi Gómez, Planas (Jonny, min.72), Radoja (Pablo Hernández, min.46), Borja Fernández, Bongonda, Señé, Drazic (Pape Cheikh, min.65) e Beauvue.
Goles: 1-0, min.21: Miku; 2-0, min.25: Tito; 3-0, min.36: Jozabed.
Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amonestou a Beauvue, Goldar, Orellana, Dorado, Quini, Trashorras.
Campo: Vallecas.