Primeiro Equipo

O Celta cae na Copa do Rei ante o Athletic

RC Celta

ATH-CEL_1314_COPA_DEL_REY.jpg

Os vigueses, goleados en San Mamés, voltaron xogar cun menos case toda a segunda metade

 

O Celta caeu eliminado con claridade na Copa do Rei en San Mamés nun partido no que unha vez máis xogou case toda a segunda metade cun xogador menos pola expulsión de Hugo Mallo. No once debuts como os de Rubén e Jonathan Vila e na segunda metade fíxoo Javi Rei.

 

O Celta, cun aspecto algo diferente ao habitual, con debuts no once titular como os de Rubén ou Jonathan Vila, saíu a buscar o gol no inicio, con veloces chegadas por ambas as bandas e xogadas de gran beleza, como un gran centro de Santi Mina ao que non chegou Charles por pouco ou un caño de Nolito con centro posterior que atrapou Hererrín.

 

O cadro local tampouco reservaba nada e buscaba con afán a meta de Rubén, o que supuña unha delicia para o espectador polo gran ritmo que ofrecía o encontro. Nunha falta inexistente, que ademais carrexou amarela a Cabral, chegou a primeira ocasión do Athletic. O lanzamento de Ibai saíu desviado.

 

Pasado o primeiro cuarto de hora, o partido baixo un tanto o ritmo, aínda que ambos os equipos mantiñan a súa intención de buscar a área rival. Atopouna o Athletic no minuto 20 tras unha perda de balón nas proximidades da área. Muniain lanzou desde a frontal á escuadra da portaría de Rubén. Gran gol dos locais.

 

Tras o tanto, os bilbaínos deron un paso adiante e meteron ao Celta no seu campo, impedindo que os vigueses gozasen da posesión do coiro, aínda que sen xerar ocasións claras sobre a área céltica.

 

E ao bordo do descanso, poutada do Athletic tras unha acción na que Santi Mina tivo que saír á banda para recibir asistencia tras un forcejeo co seu marcador. Centro desde a esquerda e remate na área pequena de Susaeta. Quedaba un minuto para o final da primeira metade e o cadro local había volteado a eliminatoria.

 

Tras a continuación, con Orellana por Santi Mina, Ibai desperdiciou a primeira chegada local tras un desaxuste defensivo. E nunha xogada absurda, Hugo Mallo viu o segundo cartón amarelo. Entrou duro abaixo, pero non tocou ao futbolista do Athletic, que deu un paso antes de caer. O Celta quedaba con dez xogadores unha vez máis con toda a segunda metade por diante.

 

Os locais afianzaron o seu dominio ante un cadro vigués que buscaba algunha opción á contra, pero sen fortuna. Debutou Javi Rei no último cuarto de hora, cos célticos tentando xerar algunha ocasión para buscar a clasificación.

 

As opcións desapareceron por completo cunha acción na que a zaga tirou mal o fóra de xogo e deixou só a Muniaín, quen marcou a pracer o terceiro tanto local. Faltaban dez minutos para o final. E a falta de cinco, despexe de Rubén que rebota en Aduriz e balón á rede.

 

FICHA TÉCNICA

 

4-Athetic Club: Herrerín, Iraola, Gurpegi, San José, Balenziaga, Iturraspe (Morán, min.83), Mikel Rico, Susaeta, Muniain, Ibai (Hererra, min.62) e Aduriz.

 

0-Real Club Celta: Rubén, Hugo Mallo, Jonathan Vila, Cabral, Toni,  Madinda, Alex López (Jonny, min.57), Krohn-Dehli (Javi Rey, min.73), Nolito, Charles e Santi Mina (Orellana, min.46).

 

Goles: 1-0, min.20: Muniain; 2-0, min.44: Susaeta; 3-0, min.80: Muniaín; 4-0, min.85: Aduriz

 

Árbitro: Fernando Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Expulsou con dobre amarela a Hugo Mallo (min.53) e amonestou a Iraola, Mikel Rico, Muniain, Cabral, Toni

 

Campo: San Mamés

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas