Os celestes empataron en dúas ocasións, pero remataron con dous goles de desvantaxe (2-4)
Ao Celta torcéuselle un mundo a eliminatoria de oitavos de final Copa tras a súa derrota en Balaídos ante un efectivo Athletic Club. Os celestes, que xogaron con dez desde o minuto 25 da segunda metade, lograron empatar o choque en dúas ocasións, con tantos de Álex López e Charles, pero acabaron caendo por dous goles, o último do rival, xa nos minutos finais, de penalti.
Primeira chegada, gol do Athletic. Saque de esquina, o balón rebota na man dun e cáelle a San José en boca de gol. Ían catro minutos de xogo O Celta respondeu de inmediato. Gran xogada de Augusto, con chapeu e balón atrás, para que Álex López rematase de primeiras á rede. Dous goles en dez minutos e partido vibrante e aberto.
E enseguida chegou outro tanto, de novo do visitante e a balón parado. Aduriz cabeceou ás mallas un envío, tamén de cabeza, desde o segundo pau. A xogada orixinouse nunha falta lanzada desde preto da frontal.
O partido mantivo o seu ritmo despois, pero as ocasións desapareceron. Xa no tramo final, o celestes volveron achegarse con perigo en varias ocasións e a encerrar ao Athletic en varios tramos. O empuxe celeste non tivo premio antes do descanso.
Tras a continuación, con varios cambios de posicións no once celeste, os vigueses retomaron a iniciativa en busca do empate. E logrouno aos 8 minutos. Tras un córner con varios rexeites, Charles cabeceou á rede.
Pouco lle durou a alegría aos locais, que encaixaron aos 16 minutos nunha xogada pena de infortunio. Rexeites, despexes erróneos e balón a Susaeta fronte a Rubén para adiantar de novo ao Athletic.
A desgraza creceu aos 25 minutos coa expulsión de Costas por dobre amarela. A segunda viuna tras un resbalón inoportuno que provocou que o coiro lle dese na man.
O Celta encaraba o tramo final do partido con desvantaxe no marcador e numérica sobre o céspede. O Athletic conformouse coa súa vantaxe, aínda que se atopou cun penalti nos minutos finais que transformou Aduriz.
2-R.C.Celta: Rubén Blanco, Costas, Sergi Gómez, Cabral, Jonny, Borja Fernández, Alex López (Pablo Hernández, min.82), Augusto (Radoja, min.79), Orellana (Santi Mina, min. 60), Planas e Charles
4-Athletic Club: Herrerín, Iraola, San José, Laporte, Balenciaga, Mikel Rico (Iturraspe, min.84), Etxeita (Gurpegui, min.82), De Marcos, Susaeta, Muniain (Viguera, min.76) e Aduriz
Goles: 0-1, min.4: San José; 1-1, min.10: Álex López; 1-2, min.15: Aduriz; 2-2, min.53: Charles; 2-3, min.61: Susaeta; 2-4, min.86: Aduriz, de penalti
Árbitro: Pérez Montero, do comité andaluz. Expulsou a Costas con dobre amarela (min.70) e amonestou a Charles, Cabral, Mikel Rico, Susaeta, Muniain
Campo: Balaídos, 14.929 espectadores