20250925_Prensa_STUTTGARTvsCELTA-6
Novas primeiro equipo

O Celta cae no regreso a Europa a pesar da súa reacción final | Stuttgart 2-1 Celta

RC Celta

O Celta non puido sumar na súa estrea europea tras caer por 2-1 ante o Stuttgart no primeiro partido da fase de grupos da UEFA Europa League. Os celestes víronse superados durante boa parte do encontro, pero ofreceron unha valente reacción no tramo final que lles permitiu recortar distancias e rozar o empate. Borja Iglesias, co seu cuarto gol consecutivo esta tempada, foi o autor do tanto vigués.

O equipo alemán impuxo un ritmo alto desde o inicio, cunha presión constante que dificultou a saída de balón celeste. Aínda así, os de Claudio Giráldez souberon manterse firmes atrás durante os primeiros 45 minutos, con Radu mostrando seguridade en varias intervencións crave. A mellor ocasión celeste chegou tras un roubo de Iago Aspas, que buscou sorprender de lonxe. Pero, a primeira metade concluíu sen goles, cos vigueses resistindo ante o empuxe local.

Na segunda parte, o Stuttgart logrou adiantarse no marcador cun gol de Bouanani tras un balón longo ás costas da defensa. Pouco despois, O Khannouss asinou o segundo tanto tras un disparo desde a frontal. Pese ao golpe, o Celta non baixou os brazos e atopou premio á súa insistencia no 86’, cando Ilaix Moriba roubou en campo contrario e asistiu a Borja Iglesias, que definiu con calidade. No desconto, Bryan Zaragoza tivo a ocasión máis clara para empatar, pero o seu remate saíu desviado por pouco.

Con esta derrota, o Celta buscará resarcirse este domingo en LALIGA EA SPORTS ante o Elche, no Martínez Valero; mentres que a próxima cita europea será o xoves 3 de outubro en Abanca Balaídos ante o PAOK.

FICHA TÉCNICA:

2 – VfB Stuttgart: Nubel; Assignon, Jeltsch (Jaquez, min 25), Hendriks, Mittelstadt; Chema Andrés (Karazor, min 70), Stiller; Bouanani (Vagnoman, min 81), El Khannouss (Tiago Tomas, min 70), Jamie Leweling (Fuhrich, min 81); Demirovic.

1 – Celta: Radu; Javi Rodríguez, Starfelt, Marcos Alonso; Mingueza, Beltrán (Hugo Sotelo, min 83), Moriba, Jones (Swedberg, min 62); Aspas (Javi Rueda, min 62), Pablo Durán (Bryan Zaragoza, min 62) y Jutglá (Borja Iglesias, min 52).

Goles: 1-0, min 50: Bouanani; 2-0, min 67: El Khannouss; 2-1, min 86: Borja Iglesias.

Árbitro: Nicholas Walsh (Escocia). Amonestou a Demirovic e Assignon por parte do Stuttgart, e a Williot por parte do Celta.

Incidencias: Primeiro partido do Celta no seu regreso a UEL disputado no MhP Arena do Stuttgart ante 58.000 espectadores. Sobre 1.200 celtistas foron á cita.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas