ferran
Primeiro Equipo

O Celta cae nun axustado duelo ante o Levante en Abanca Balaídos (2-3)

RC Celta

O Celta caeu por 2-3 ante o Levante UD en Abanca Balaídos nun partido moi competido que finalmente terminou decidíndose por detalles nas áreas. O conxunto de Claudio Giráldez púxose por diante no marcador en dúas ocasións, ambas as por medio de Ferran Jutglà, pero non conseguiu soster a vantaxe e terminou cedendo os tres puntos.

O dianteiro catalán foi a referencia ofensiva dos celestes e abriu o marcador moi pronto. Tan só lle bastaron cinco minutos para culminar unha acción de gran calidade dentro da área, e volveu adiantar ao Celta ao comezo da segunda metade chegando desde segunda liña para finalizar un centro de Javi Rueda.

O conxunto celeste, cun once marcado pola presenza de oito xogadores con pasado no filial, alternou fases de repregamento con posesións longas para controlar o ritmo do encontro. Con todo, o Levante necesitado atopou resposta cada vez que se viu por detrás. Os granotas aproveitaron dous disparos afastados para equilibrar o encontro e terminaron decidindo o partido cunha acción a balón parado.

No tramo final, o Celta non deixou de intentalo, empuxando ata o último minuto aínda que, entre as interrupcións do rival e a falta de precisión nos metros finais, o empate nunca chegou.

Con dúas xornadas por diante aínda queda marxe para seguir soñando con repetir clasificación europea. Unhas opcións que pasan polo próximo partido, último desprazamento da tempada, onde os de Giráldez loitarán por volver á senda da vitoria ante o Athletic Club, este domingo ás 19:00 horas, en San Mamés.

FICHA TÉCNICA:

2 – Celta: Andrei Radu; Javi Rodríguez, Yoel Lago, Marcos Alonso; Javi Rueda (Pablo Durán, min. 64), Fer López, Hugo Sotelo (Óscar Mingueza, min. 76), Sergio Carreira; Iago Aspas (Williot Swedberg, min. 64), Hugo Álvarez (Borja Iglesias, min. 64) e Ferran Jutglà (Jones El-Abdellaoui, min. 76).

3 – Levante UD: Ryan; Toljan, Dela, Matías Moreno, Pampín (Manu Sánchez, min. 77); Arriaga, Olasagasti, Pablo Martínez (Raghouber, min. 61); Víctor García (Burgué, min. 61), Tunde (Iker Losada, min. 46) e Carlos Espí (Iván Romero, min. 85).

Goles: 1-0 (min. 4) Ferran Jutglà. 1-1 (min. 44) Arriaga. 2-1 (min. 48) Ferran Jutglà. 2-2 (min. 57) Dela. 2-3 (min. 63) Brugué.

Árbitro: Adrián Cordero Vega (Cántabro). Amoestou aos visitantes Pampín e Ryan.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 36 de Laliga EA Sports disputado en Abanca Balaídos ante 19.185 espectadores. Nos prolegómenos do encontro tivo lugar a actuación da banda de gaitas de Tui, Arume de Malvas.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas