WhatsApp Image 2026-11-26 at 21.44.15
Novas primeiro equipo

O Celta cede ante o AFC Bournemouth (1-2)

RC Celta

O Celta adiantouse cun gran gol de Iago Aspas e levou a iniciativa durante boa parte do encontro, pero quedou sen premio ante un AFC Bournemouth, actual líder da competición, que soubo aproveitar as súas ocasións na segunda metade.

O conxunto de Claudio Giráldez saíu con personalidade e atopou o gol no minuto 19, cando Javi Rueda habilitou a Aspas, que sacou un disparo con rosca para poñer o 1-0. Pouco despois, o Bournemouth quedou con dez pola expulsión de Bafodé Diakité e os celestes chegaron ao descanso por diante no marcador e co partido de cara.

Porén, apenas saltaran ao campo para iniciar a segunda metade cando Álvaro Rodríguez sorprendeu os celestes e estableceu o empate. E, lonxe de virse abaixo, o Celta envorcouse na procura do segundo, pero foi Rayan quen marcou o 1-2 no minuto 78.

Agora, o Celta pon a mirada no Villarreal CF, ao que recibirá este domingo, 29 de novembro, ás 18:30 h, coa firme intención de reencontrarse coa vitoria.

FICHA TÉCNICA:

1 – Celta: Andrei Radu; Javi Rodríguez (Williot Swedberg, min. 74), Yoel Lago, Marcos Alonso; Javi Rueda (Hugo Álvarez, min. 67), Aleix Febas, Hugo Burcio (Ángel Arcos, min. 81), Sergio Carreira; Iago Aspas, Pablo Durán (Ferran Jutglà, min. 74) e Couhaib Driouech (Álvaro Núñez, min. 67).

2 – AFC Bournemouth: Michele Di Gregorio; Bafodé Diakité, James Hill, António Silva, Julio Soler (Adrien Truffert, min. 68); David Brooks (Marcus Tavernier, min. 68), Lewis Cook, Alex Scott (Ryan Christie, min. 65), Amine Adli (Rayan, min. 68); Justin Kluivert (Tyler Adams, min. 46) e Álvaro Rodríguez.

Goles: 1-0, min. 19: Iago Aspas; 1-1, min. 47: Álvaro Rodríguez; 1-2, min. 78: Rayan.

Árbitro: Harm Osmers (Alemaña). Amoestou a Javi Rodríguez (min. 58), Javi Rueda (min. 60) e Iago Aspas (min. 78) por parte do Celta, e a Álvaro Rodríguez (min. 30) e Alex Scott (min. 33) por parte do AFC Bournemouth. Expulsou con vermella directa a Bafodé Diakité (min. 23), tras revisión do VAR.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada 5 da fase liga da UEFA Europa League disputado en Abanca Balaídos ante 20.002 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas