2test
Primeiro Equipo

O Celta celebra o Día de Galicia cunha nova vitoria ante o Sporting de Gijón

RC Celta

O Celta volveu ao escenario onde aquel neno de tan só 9 anos mostraba o seu desexo de “marcar un gol bonito no Celta dos maiores“. O Estadio de A Lomba acolleu no Día de Galicia o segundo test da pretemporada celeste ante o Sporting de Gijón. E foi precisamente aquel neno chamado Iago Aspas o que filtraba un pase milimétrico para que un atento Hugo González enviase o balón ao fondo da rede e adiantase ao conxunto de Claudio Giráldez no marcador.

Foi o único tanto dun encontro no que novamente vimos dous onces totalmente diferentes en cada metade e onde o técnico celeste puxo a proba a cada un dos seus pupilos. Unha tarde nun escenario coñecido no que Ilaix Moriba e Carl Starfelt disputaron os seus primeiros minutos da pretemporada.

Deste xeito, o Celta continúa acumulando sensacións positivas nun verán que volveu unir pasado e presente no mesmo lugar onde o noso capitán comezou a escribir a súa historia.

A seguinte proba no calendario estival será o mércores, 29 de xullo ás 11.00 horas, na Cidade Deportiva Afouteza ante o Acadèmico de Viseu.

FICHA TÉCNICA:

1 – Celta: Andrei Radu; Javi Rodríguez, Yoel Lago, Álvaro Núñez; Jones El-Abdellaoui, Miguel Román, Aleix Febas, Joel López; Ángel Arcos, Ferran Jutglà e Óscar Marcos. Tamén xogaron: Coke Carrillo; Matías Vecino, Carlos Domínguez (Carl Starfelt, min. 86), Marcos Alonso; Javi Rueda, Hugo Burcio, Ilaix Moriba, Sergio Carreira; Iago Aspas, Hugo González e Williot Swedberg.

0 – Sporting de Gijón: Yáñez; Rosas, Pablo Vázquez, Diego Sánchez, Pablo García; Gelabert, Manu Rodríguez, Gularte, Gaspar, Corredera e Sarco. Tamén xogaron: Duñabeitia, Iosifov, Iker Martínez, Miguel Conde, Enol Prendes, Chris Ferreres e Bruno Rubio.

Gol: 1-0, min 60: Hugo González

Árbitro: Pedro Hermida. Amonestou con cartón amarelo ao visitante Iosifov.

Incidencias: Segundo amigable da pretemporada 26/27 do Celta disputado no Estadio Municipal de A Lomba (Vilagarcía) ante 3.623 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas