16_9
Novas primeiro equipo

O Celta celebra o Día de Reis cun adestramento a portas abertas

RC Celta

O Día de Reis é un dos días máis máxicos do ano que se vive con nervios e ilusión desde primeira hora da mañá. Por iso, o Celta quere compartir esa maxia co celtismo co tradicional adestramento a portas abertas do primeiro equipo celeste en Abanca Balaídos que terá lugar na véspera da chegada das súas maxestades, o vindeiro luns, 5 de xaneiro, ás 11:00 horas.

Será unha mañá especial, pensada para gozar en familia xunto ao Celta nun día marcado pola ilusión, especialmente dos máis pequenos, que poderán adiantar o seu agasallo de Reis vendo de preto unha sesión preparatoria dos seus ídolos. Con esta xornada especial, o club quere agradecer unha vez máis o apoio constante dunha afección, sempre presente, que acompaña ao equipo xornada tras xornada, mesmo, máis aló das nosas fronteiras.

O adestramento comezará ás 11:00 horas, polo que a apertura de portas realizarase ás 10:30 horas e o acceso ao estadio será pola Bancada de Tribuna (alta e baixa). Ao finalizar a sesión, os xogadores protagonizarán o tradicional lanzamento de balóns, ademais de asinar autógrafos e facerse fotos con todos os afeccionados celestes.

Esperámosvos en Abanca Balaídos para gozar xuntos do día máis máxico do ano!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas