O Celta chegou este mércores a Amsterdam, onde mañá a partir das 21:05 horas enfrontarase ao Ajax no Amsterdam Arena con motivo da cuarta xornada da a UEFA Europa League. Os celestes exercitaranse esta tarde no estadio do conxunto holandés nunha sesión que se realizará a porta aberta para deleite dos máis de 1.500 celtistas que acudiron á cita europea.
Os afeccionados poden acceder ao recinto desde as 18:30 horas a través da Porta D.