Primeiro Equipo

O Celta, con 10 desde moi pronto, mereceu moito máis en Sevilla (1-0)

RC Celta

sevilla_celta_web_3115.jpg

Os celestes encaixaron a balón parado e buscaron con empeño e ambición un empate que mereceron dabondo. O dianteiro Borja Iglesias debutou co primeiro equipo

 

O Celta pagou con derrota a pronta expulsión, aos 20 minutos de xogo, de Planas. Os celestes intentárono sen desmaio, dominaron o choque e xeraron ocasións, con remate ao larguero incluído, pero acabaron caendo pola mínima de xeito inxusto. A expulsión condicionou un choque que os célticos non mereceron perder.

 

Boa posta en acción do Celta no inexpugnable Sánchez Pizjuán. Presión adiantada, moita posesión e boas chegadas nos primeiros minutos. Cando apenas ían dous, Cabral rematou desviado, por moi pouco, un envío de Krohn.Dehli. e pouco despois Beto desviou con apuros un remate de Santi Mina tras unha gran contra.

 

O Sevilla respondeu cun par de accións rápidas que acabaron nas mans de Sergio nun partido vibrante e con moita velocidade. Os celestes volveron chegar con claridade nun par de ocasións antes do primeiro cuarto de hora. Charles comezaba a aparecer moitísimo perigo e o conxunto celeste acrecentaba o seu dominio.

 

O partido deu un xiro radical aos 20 minutos. Planas cortou unha contra no centro do campo e o árbitro converteu unha amarela, sen máis, en vermella. O lateral foise á rúa e os celestes quedábanse cun home menos con moitísimo partido por diante.

 

Aínda por riba de males, aos 31 minutos, o Sevilla adiantouse cunha xogada a balón parado, Parella sorprendeu a Sergio cun potente lanzamento de falta desde a frontal. Costa arriba o choque para os célticos nun campo especialmente complicado esta tempada.

 

No tramo final, os vigueses volveron a recuperar o coiro e a crear perigo. Antes do descanso, varias chegadas ben desbaratadas pola defensa local.

 

Trala reanudación, o Celta retomou o dominio e foise arriba con decisión. A madeira freou ao Celta aos cinco minutos tras unha gran xogada pola esquerda de Orellana e Kronh.Dehli con pase atrás cara a Santi Mina. O seu remate acabou no larguero.

 

O equipo vigués mantiña o seu empuxe e ambición malia a súa desventaja numérica. Buscaba con ahínco un empate que merecía dabondo, pero que se resistía. Os celestes capizalizaban a posesión e acumulaban chegadas e saques de esquina sen sacarlle rédito. Reyes, na primeira chegada sevillista da segunda metade, aos 26 minutos, estrelou o coiro no larguero.

 

Ao borde da media hora de xogo, empezaron a aparecer espazos trala zaga celeste. O cansazo e a necesidade comezaban a pasarlle factura aos vigueses, que descolgaban moita xente arriba en busca do gol. No tramo final, Borja Iglesias debutó co primeiro equipo. Substituíu a un esgotado Santi Mina.

Finalmente, non puido ser e o Celta sufriu unha inmerecida derrota no Sánchez Pizjuán.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-Sevilla: Beto, Aleix Vidal, Pareja, Carriço, Navarro; Krychowiak, Mbia (Tremoulinas, min.22) Reyes, Denis Suárez (Banega, min.53), Vitolo e Bacca (Gameiro, min.69)

 

0-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas, Radoja, Krohn-Dehli (Madinda, min.83), P. Hernández, Orellana, Santi Mina (Borja Iglesias, min.78) e Charles (Jonny, min.27)

 

Goles: 1-0, min.31: Pareja

 

Árbitro: Velasco Carballo, do comité madrileño Expulsou con bermella a Planas (min.20) e amonestou a Vitolo, Reyes, Carriço, Krychowiak, Hugo Mallo, Cabral, Santi Mina e Kronh-Dehli

 

Campo. Sánchez Pizjuán. 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas