Primeiro Equipo

O Celta con destacada representación nas grandes competicións internacionais

RC Celta

Celta_Torneos_Internacionales.jpg

 

A brillante tempada do Real Club Celta, que lle valeu a clasificación para a Europa Leage, viuse reflectida a nivel individual coa convocatoria de até seis xogadores para disputar as dúas grandes competicións internacionais que se celebrarán este verán: o Euro 2016 e a Copa América 2016.


O dianteiro celeste Nolito forma parte dos 25 preseleccionados por Vicente Del Bosque para preparar o Euro 2016 co obxectivo de reeditar o título de campión de Europa. Á preparación unirase tamén o canteirán Jonny Castro, que tras render a gran nivel esta tempada, novamente foi chamado pola selección española para participar da preparación do campionato europeo. A súa fiabilidade e capacidade de traballo servíronlle para facerse un oco unha vez máis entre os mellores futbolistas españois.

Pola súa banda, John Guidetti foi convocado tamén pola selección de Suecia para disputar o Euro 2016. Tras proclamarse campión de Europa Sub21 o pasado ano sendo un dos protagonistas do torneo, Guidetti disputará o seu primeiro campionato en categoría absoluta grazas ao seu excelente rendemento e os seus goles coa camiseta celeste.

A Copa América, que este ano celebra o seu centenario, contará con destacada presenza celeste grazas á convocatoria de tres xogadores que este verán vestirán a camiseta da selección de Chile. Fabián Orellana, Pablo Hernández e Marcelo Díaz formarán parte da vixente campioa que acudirá a Estados Unidos co obxectivo de revalidar o título.

A destacada presenza de xogadores celestes en competicións internacionais supón un novo recoñecemento ao traballo realizado polo equipo celeste este ano e unha gran motivación para enfrontar a que será unha tempada histórica para o club: a do regreso a Europa despois de dez tempadas.

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas