Primeiro Equipo

O Celta, con dez moito tempo, salva un punto

RC Celta

celta_real.jpg

Kronh-Dehli adiantou aos celestes que sufriron a expulsión de Augusto no minuto 48

 

O Celta non puido coas adversidades en Balaídos. Perdeu a Iago Aspas por lesión no descanso e a sq quedou con dez xogadores ao comezo da segunda metade, cando gañaba cun tanto de Kronh-Dehli. A inferioridade numérica pasou factura e a Real logrou empatar, pero non puido culminar a remontada polo empeño e a seriedade celeste en defensa.

 

O encontro arrincou con ritmo, coa Real acreditando o seu gran estado de forma e os celestes buscando as fórmulas para contrarrestar o xogo combinativo do rival e atopar espazos en ataque.

 

Os donostiarras dominaron o coiro na fase inicial do encontro, aínda que non atopaban vías para xerar perigo. Os célticos aplicábanse en defensa e non acababan de saír con claridade en ataque. Aos 21 minutos, priemra coasiuón do encontro, centro desde a esquerda ao que non chegou Ifrán na área.

 

O Celta respondeu cunha boa xogada pola dereita que acabou cun remate de Augusto que despexou con apuros Bravo. Á seguinte, os célticos acertaron. Gran pase de Krohn-Dehli a Iago Aspas, taconazo e remate inapelable do danés. Gran tanto.

 

Bravo sacou, aos 40 minutos de maneira prodixiosa un gran lanzamento de Kronh-Dehli. Ao descanso, vantaxe celestre nunha primeira metade dominada polo conxunto rival, co Celta realizando un traballo serio, conm gran concentración, e tratando de adaptarse ás exigencais dun choque extremadamente complicado.

 

Tras a continuación, con Álex López por Iago Aspas, rengueante polo seu problema cervical, chegou unha xogada tremenda para o Celta. Augusto viu a amarela, a segunda, aos 3 minutos por unha suposta man nunha xogada iuntrascendente. O Celta afrontaba con 10 toda a segunda metade.

 

A pesar de todo, a mellor ocasión no arrabque foi celeste. Contra de Álex López, pase final de Krohn-Dehli a Park e bo remate do coreano que sacou Bravo co pé. Pouco despois, debutou Pranjic, quen substituíu a Mario Bermejo.

 

Os celestes aguantaron até o miunuto 14, Elustondo cabeceou á rede un córner e puxo a igualada. A Real deu un paso adiante para culminar a remontada e o Celta tratró de defender como puido o punto que lograba nese momento. Os vigueses lograron aguantar o empate.

 

FICHA TÉCNICA

1-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Cabral, Demidov, Augusto, Borja Oubiña Kronh-Dehli, Mario Bermejo (Pranjic, min.55), Park (Natxo Insa, min.61) e Iago Aspas (Álex López, min.46)

1-R.Sociedad: Bravo, Carlos Martínez, Eliustondo, Íñigo, Markel, Xabi Prieto, Illara (Rubén Pardo, min.76), De La Bella, Chory Castro (Griezmann, min.69), Carlos Vela e Ifrán (Aguirretxe, min.60).

Goles: 1-0, min.31: Krohn-Dehli; 1-.1, min.59: Elustondo

Árbitro: Paradas Romero, do comité andaluz. Expulsou con dobre amarelo a Augusto (min.48) e amonestou a Krohn-Dehli, Roberto Lago, Elustondo, De la Bella, Markel

Campo: Balaídos, 18.136 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un mimuto de silencio en memoria do ex xogador celeste Monchito, recentemente falecido. Iago Aspas recibiu o II Premio Manuel de Castro como mellor xogador do ano 2012. Celebrouse ademais ‘o partido vodafone’, con diversos actos antes e no descanso do choque, entre eles o chute desde o centro do campo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas