Primeiro Equipo

O Celta confirma a súa resurrección cunha vitoria no Ciutat de València

RC Celta

Levante-Celta_0-1.jpg

Os celestes volven a gañar fora e encadean dúas vitorias por primeira vez esta tempada

 

O Real Club Celta iniciou o encontro apostando por manter a posesión do balón, con boas combinacións e unha firme convicción no ataque.

 

O Levante mantíñase á expectativa. Ben colocado atrás, agardaba o erro celeste para saír á contra, pero un bo Celta impedía que os locais retivesen o esférico por moito tempo.

 

Tras uns bos minutos de xogo o Celta comezou a aproximarse con máis perigo á área levantina. No minuto 15 Krohn-Dehli executou un centro-chute desde a banda que endiablouse a medida que se achegaba á portaría de Keylor. O porteiro tivo que despexar para evitar o tanto céltico.

 

No minuto 20 chega o premio ao bo traballo do conxunto olívico. Boa combinación que termina co balón nas botas de Krohn-Dehli. En banda esquerda, ao bordo da área, o danés recorta ao seu defensor e coloca a pelota na cabeza de Augusto Fernández que, na área pequena, tan só ten que empuxala dentro da portaría.

 

O equipo levantino tentábao tamén a balón parado, con boas xogadas de estratexia, pero Javi Varas non se vía posto a proba. No minuto 27 Augusto gozou doutra boa ocasión para volver marcar. O seu remate foise polo medio e medio da portaría e Keylor atrapou sen problemas.

 

O primeiro tempo terminou tras unha xogada que suporía o 0-2 para o Celta. Iago Aspas quedou só ante Keylor e, tras recortar acertadamente, empuxou o balón a porta baleira. A xogada foi anulada por fóra de xogo.

 

Na segunda parte o Levante arrincou máis agresivo que nos primeiros 45 minutos. O Celta non se viu desbordado por instantes, pero deseguido recobrou a compostura e volveu posuír a pelota.

 

Nas 47 Aspas queda totalmente só ante Keylor. O porteiro aguanta ben no un contra un e Iago termina caendo ao chan ao pelexar o esférico cun defensor. O árbitro considerou que se tirou e mostroulle o cartón amarelo.

 

Tras varias boas combinacións celestes chegou a polémica. No minuto 54 un centro do Levante á área céltica pasa sen pena nin gloria. Muñiz Fernández, inexplicablemente, indica penalti a favor do equipo local. Barkero executa a pena máxima e envía o balón directamente fóra.

 

As forzas niveláronse entre ambos os equipos nun partido que, co paso dos minutos, converteuse nun xogo incesante de ida e volta. A continuación, o colexiado tivo numerosas decisións nas que os xogadores do Real Club Celta protestaron ao consideralas inxustas.

 

Xa no tempo de desconto centro do Levante á área celeste que despexa Varas con dificultade. No rexeite remata Roger e o porteiro andaluz corrixe a súa posición para realizar un auténtico paradón.

 

Vitoria pola mínima do Celta, que volve gañar fóra de casa e encadea por primeira vez esta tempada dúas vitorias consecutivas. Os celestes saen de postos de descenso á espera do resto de resultados.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-Levante: Keylor, D. Navarro, Vyntra, Barquero, El Zhar (Pedro Ríos, min.77), Acquafresca, Iborra, Rubén, Juanfran, Pedro López e Míchel (Simão, min. 45)


1-RC Celta:
Javi Varas, Jony (Cabral, min.71), Vila, Túñez, Lago, Oubiña, Natxo Insa (Madinda, min.57), Álex López (Bermejo, min.77), Augusto, Krohn-Dehli e Aspas

 

Goles: Augusto, 0-1 (min.20);

 

Árbitro: Muñiz Fernández, do colexio asturiano. Amonestou a David Navarro, Natxo Insa, Iago Aspas, Roberto Lago, Pedro López

 

Campo: Estadi Ciutat de València

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas