Vitoria chea de convencemento, entrega e ‘afouteza’. Un bo Celta logrou sobreporse ao tanto inicial de Las Palmas, xa no segundo tempo, e remontar con autoridade para lograr unha vitoria vital para seguir enganchado á loita polos postos europeos. Primeiro Jonny aproveitou o despexe a un disparo do tamén canteirán Brais Méndez para pór as táboas. Co tempo regulamentario practicamente cumprido, Aspas asinou unha xogada persoal impresionante que Tucu finalizou controlando o balón co peito e colocándoo na escuadra. Este Celta segue crendo.
FICHA TÉCNICA
2-CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Radoja (Brais, min.59), Tucu Hernández, Iago Aspas, Maxi Gómez (Boyé, min.92), Emre Mor (Sisto, min.74).
1-LAS PALMAS: Chichizola, Míchel, Ximo Navarro, Gálvez, Aguirregaray, Vicente, Etebo, Halilovic (Toledo, min.84), Aquilani (Nacho Gil, min.69), Tana, Erik.
Goles: Erik (0-1, min.59); Jonny (1-1, min.62); Tucu Hernández (2-1, min.88).
Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amonestou a Lobotka (Celta); Aquilani, Ximo Navarro (Las Palmas).
Campo: Balaídos (11.276 espectadores).