Primeiro Equipo

O Celta de Antonio Mohamed bota a andar cun empate ante o Espanyol (1-1)

RC Celta

O RC Celta estreouse en partido ligueiro cun empate ante o Espanyol. Os celestes arrincaron o encontro a un excelente nivel, presionando ao cadro perico e dominando con solvencia a posesión do balón. Non se xeraron apenas ocasións de gol e o paso dos minutos comezou a nivelar a balanza. O Espanyol coqueteó coa portaría celeste nun par de chegadas e, ao bordo do descanso, a saque de esquina, Hermoso adiantou aos visitantes.

No segundo tempo, os celestes mantiveron a actitude  e un gol en propia porta de David López impulsou aos de Antonio Mohamed en busca do tanto da vitoria. Non chegou o tanto do triunfo e o marcador terminou reflectindo un xusto empate tras o visto sobre o terreo de xogo. Primeiro paso dun RC Celta ilusionante, con moita calidade e unha gran marxe de mellora.

FICHA TÉCNICA

1-RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Júnior Alonso, Lobotka, Beltrán, Brais Méndez (Boufal, min.77), Iago Aspas, Pione Sisto (Emre Mor, min.52), Maxi Gómez (Dennis, min.91).

1-ESPANYOL: Diego López, Víctor Sánchez, Borja Iglesias (Sergio García, min.70), Darder, Baptistao (Hernán Pérez, min.70), Didac, David López, Javi López, Piatti (Puado, min.81), Roca, Hermoso.

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amonestou a Iago Aspas, Brais Méndez, Júnior Alonso (Celta); Didac, Roca (Espanyol).

Goles: Hermoso (0-1, min.45); David López (1-1, p.p., min.51).

Campo: ABANCA Balaídos. 16.215 espectadores.

Observacións: antes do inicio do partido gardouse un minuto de silencio en memoria de Josefa Rivadulla, nai de conselleiro celeste Primitivo Ferro. Néstor Araujo, Júnior Alonso, Beltrán, Boufal e Dennis debutaron en LaLiga.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas