Coa importante vitoria en Xixón, coa que o Celta acariña o seu soño europeo, o equipo celeste superou unha marca histórica. O Celta adestrado por Eduardo Berizzo xa é o que máis puntos colleitou como visitante na historia do club vigués.
Con 26 puntos (8 vitorias e 2 empates), o Celta 2015/16 rompe a anterior marca, fixada en 25 puntos, un teito que se alcanzou ata en tres tempadas: na 2001/02 con Víctor Fernández, na 2002/03 con Miguel Ángel Lotina e na 2006/07 con Fernando Vázquez.
Con tres partidos en casa e tres fóra por xogar, os celestes aínda poden mellorar esta marca e pór o broche de ouro a unha estupenda campaña co regreso do Celta a unha competición europea, obxectivo cada vez máis próximo.