Primeiro Equipo

O Celta, de menos a máis, suma un punto ante o Valencia (1-1)

RC Celta

O Celta sumou un meritorio punto en Mestalla tras remontar o tanto inicial do Valencia. Os vigueses víronse superados na primeira metade e foron mellores na segunda, na que Iago Aspas anotou o gol do empate cun cabezazo xenial.

Tras un inicio igualado, cun Celta pausado e ordenado, o Valencia acelerou en diversas accións e gozou de varias chegadas con perigo. Aos 25 minutos, o cadro local adiantouse nunha contra que culminou Batshuayi ante Sergio. Os celestes lograron rehacerse e realizaron boas combinacións sen desenlace.

Tralo descanso, con Sisto por Okay, o Celta foise arriba e deixou amplos espazos atrás. Iago e Fran Beltrán a punto estiveron de empatar en dúas chegadas consecutivas do cadro vigués. A falta de dez minutos, gran centro de Juncá e xenial cabezazo en plancha de Iago Aspas para lograr o empate.

1-Valencia CF: Neto, Piccini, Garay, Murillo, Gayá, Soler, Wass, Coquelin (Kondogbia, min.70), Guedes, (Cheryshev, min.77), Batshuayi (Gameiro, min.80) e Rodrígo

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo (Dennis, min.70), Roncaglia, Cabral, Araujo, Juncà, Beltrán, Lobotka, Okay (Sisto, min.46), Iago Aspas (Junior, min.85) e Maxi Gómez

Goles: 1-0, min.25 Batshuayi; 1-1, min.82: Iago Aspas

Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amonestou a Iago Aspas, Hugo Mallo, Beltrán, Batshuayi

Campo: Mestalla

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas