Primeiro Equipo

O Celta debuta con brillo en Italia: vitoria ante a Fiorentina

RC Celta

ffiore_celta_web_31716_copia.jpg

 

Bo partido do Celta ante un rival de nivel, a Fiorentina, con moitos minutos de dominio e fases de xogo vibrante e vistoso e unha gran noticia, a reaparición de Fontás. Bongonda anotou o tanto da vitoria celeste na primeira metade tras un bo centro de Roncaglia.

 

Tras un fogoso inicio do cadro local, ben freado polo Celta, os vigueses tomaron o mando e comezaron a fabricar boas chegadas. Puideron desequilibrar o choque aos 16 minutos tras unha gran xogada iniciada pola dereita por Roncaglia e Pape que Señé e Iago Aspas non puideron culminar tras varios remates na área rexeitados de maneira milagrosa pola zaga e o porteiro. O ariete celeste tentou pouco despois unha vaselina que rebotó nun defensor e saíu desviada.

 

Os célticos dominaban con claridade , e brillo, e o seu esforzo traduciuse nun gran gol aos 23 minutos. Gran centro de Roncaglia desde a dereita e remate á rede de Bongonda no segundo pau. O partido estaba completamente envorcado cara á área da Fiorentina, que dispuxo dunha boa contra aos 36 minutos ben desbaratada por Jonny. No tramo final, máis aberto, a madeira repeleu un remate de Zárate desde o pico da área.

 

Tras o descanso, de novo o cadro local inquietou aos celestes, que reaccionaron ao cuarto de hora cunha gran ocasión de Señé, cuxo remate saíu desviado.

 

O encontro foi decaendo, con menos ritmo e numerosos cambios, pero ambos os equipos dispuxeron de boas chegadas con solventes accións das defensas.

 

0-ACF Fiorentina: Lezzerini, G. Rodríguez, Tomovic, Astori, Alonso, Chiesa, Vecino, Zárate, Borja Valero, Ilicic y Rossi. También jugaron Hagi, Gilberto, Badelj, Toledo, Kalinic

 

1-RC Celta: Sergio, Roncaglia (Planas, min.60), Cabral (Costas, min.81), Sergi Gómez, Jonny(Lemos, min.70), Marcelo Díaz (Hugo Mallo, min.60), Pape Cheickh (Fontás, min.74), Wass, Señé (Orellana, min.60), Bongonda (Naranjo, min.60) y Iago Aspas (Guidetti, min.60)   

 

Goles: 0-1, min .23: Bongonda

 

Árbitro: Gianluca Manganiello. Amonestou a Iago Aspas, Planas, Lemos

 

Campo: Artemio Franchi

 

Fotos: Fiorentina

 

wass.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas