Un Celta de máis a menos deixou escapar dous puntos ante o Getafe no partido disputado en ABANCA Balaídos, onde os celestes non perden desde o pasado mes de decembro. Maxi Gómez adiantou ao equipo vigués ao aproveitar unha mala saída do porteiro rival. Os visitantes gozaron dun par de boas ocasións, frustradas por un gran Sergio Álvarez na portaría céltica. A doce minutos para o asubío final, o recentemente entrado Mata puxo o empate no marcador.
FICHA TÉCNICA
1-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia (Sisto, min.81), Cabral, Júnior Alonso, Beltrán (Okay, min.58), Lobotka, Jensen (Araujo, min.77), Brais Méndez, Iago Aspas, Maxi Gómez.
1-GETAFE: David Soria, Djene, Antunes, Bruno, Portillo, Ángel (Rober Ibáñez, min.75), Amath (Bergara, min.88), Arambarri (Mata, min.66), Jorge Molina, Maksimovic, Damián Suárez.
Goles: Maxi Gómez (1-0, min.36), Mata (1-1, min.78).
Árbitro: Cuadra Fernández, do comité balear. Amonestou a Hugo Mallo e Iago Aspas (Celta); Bruno, Portillo (Getafe).
Campo: Balaídos (14.330 espectadores).