
O Celta alcanzou un acordo con Claudio Giráldez para a renovación do seu contrato como adestrador do primeiro equipo ata xuño de 2028, consolidando a continuidade dun proxecto que segue ilusionando cada tempada.
A aposta do club polo técnico galego traduciuse nunha traxectoria impecable desde marzo de 2024 cando asumiu o banco celeste. Neste tempo, o primeiro equipo creceu ata asentarse en posicións salientables de LaLiga, cun regreso de competicións europeas, onde volveu a competir con personalidade ata, polo momento, chegar a cuartos de final de UEL.
Esta evolución foi da man dunha identidade clara e dunha aposta firme pola Madroa, cun protagonismo salientable de xogadores formados na canteira, nun modelo de club compartido tamén desde o banco, cun corpo técnico da casa, cuxos integrantes tamén renovan na súa totalidade.
Con este acordo, o Celta e Claudio Giráldez seguen crecendo da man por un camiño que seguro marcará historia no club.