Primeiro Equipo

O Celta enriquece a Liga cun goleador centenario: Giuseppe Rossi

RC Celta

ROSSIWEB.jpg

 

Noventa e nove goles en España, máis de cento corenta na súa carreira, son os imponentes números do que, si liquídanse os últimos detalles e supera o recoñecemento médico, sería o quinto reforzo do RC Celta para a ilusionante tempada 2016/2017. O club vigués pechou coa Fiorentina un acordo para a incorporación do mediapunta italiano Giuseppe Rossi, quen maravillou no Villarreal e realizou unha espléndida segunda volta a pasada campaña co Levante, equipo ao que chegou no mercado invernal.

 

Rossi (Teaneck, Estados Unidos; 1 de febreiro de 1987) é un xogador que, aínda sen cumprir 30 anos, deixou unha imborrable pegada no fútbol español, onde exhibiu unha enorme capacidade goleadora e un gran talento nos cento oitenta encontros que disputou en Primeira División.

 

O atacante chega ao RC Celta para enriquecer a liña de ataque do equipo vigués con boas doses de experiencia, tanto en España como a nivel internacional, desequilibrio, gol e visión de xogo.

 

Rossi formouse no Manchester United e xogou en Newcastle e Parma antes de comezar a súa magnífica etapa no Villarreal. Abandonou a Liga española para xogar na Fiorentina e a pasada campaña chegou no mercado invernal ao Levante, onde anotou seis goles en 17 partidos.

 

Foi internacional coa selección absoluta de Italia coa que anotou sete goles nunha treintena de encontros, ademais de en todas as categorías inferiores do combinado nacional desde a Sub-16. En competicións europeas, Rossi acumula nada menos que 24 goles.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas