Celta e Deportivo enfrontáronse este xoves nun derbi histórico, celebrado por primeira vez noutro país: Uruguai. O clásico galego celebrouse no Estadio Gran Parque Central, campo do Nacional uruguaio, no marco do proxecto LaLigaWorld da LFP e coa colaboración da Federación Galega de Fútbol.
O choque destacou pola solidez defensiva de ambos os conxuntos e a ausencia de ocasións claras. Un espectacular gol de Iago Aspas no segundo tempo en saque de falta directa deu a vitoria aos celestes. Ao bordo do asubío final Radoja aproveitou un remate defectuoso de Naranjo para sentenciar co definitvo 0-2.
FICHA TÉCNICA
0-DEPORTIVO: Lux, Laure, Albentosa, Sidnei, F. Navarro, Çolak, Mosquera, Borges, Gama, Lucas, Oriol. También jugaron: Tyton (p.s.), Fayçal, Valle, Pinchi, Dos Santos, Saúl.
1-RC CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Wass (Costas, min.87), Pape (Borja Fdez, min.75), Radoja, Bongonda (Naranjo, min.61), Aspas (Lemos, min.80), Drazic (Iglesias, min.64).
Goles: Iago Aspas (0-1, min.69), Radoja (0-2, min.90).
Árbitro: amonestou polo Deportivo a Borges e Alventosa.
Campo: Estadio Gran Parque Central (Montevideo).