O equipo céltico, moi superior, demostrou unha gran versatilidade en ataque. Augusto marcou o único gol
O Celta comezou o partido cun 5-3-2 como debuxo táctico, con Fernán e Toni exercendo de carrileros polas bandas e a dupla Nolito-David en punta.
Os célticos mostráronse un tanto imprecisos no primeiro tramo do encontro, no que o Coruxo roldou as inmediacións da área céltica. Conforme avanzaba o cronómetro o Celta atopábase máis cómodo. Os de Luís Enrique demostraron unha gran versatilidade en ataque, con moito dinamismo e con todos os xogadores implicados tanto aos labores defensivos como ofensivas.
A primeira gran ocasión do encontro chegou no minuto 19. Krohn-Dehli sacouse da manga un gran pase ao oco que a zaga verdibranca abortou, pero no rexeite Nolito estivo atento e cazou o esférico. O seu disparo estrelouse contra o porteiro, que acertou ao anticipar a súa saída.
Mentres o Coruxo desinflábase, no ataque celeste Nolito e un Krohn-Dehli incansable gañaban protagonismo minuto a minuto. O danés tentouno disparos rasos, chegando ao remate desde segunda liña e mesmo con varios remates de cabeza. O traballo de Toni en banda esquerda axudaba a que o Celta acariñase o 1-0.
O primeiro tempo finalizou cunha acción xenial entre Toni e Nolito, unha espléndida parede na que o atacante andaluz devolveu o esférico cun taconazo para que Toni executase un perigoso centro á área pequena. O cancerbeiro rival despexou de puños e o partidillo chegou ao tempo morto.
Na segunda parte Luís Enrique deu entrada a un once totalmente novo co que variou o sistema táctico: Yoel, Hugo Mallo, Goldar, Cabral, Bellvís, Borja Fernández, Yelko Piñeiro, Augusto, Álex López, Orellana e Rafinha.
O cadro celeste acaparou o balón por completo até o asubío final. As ocasións foron máis escasas que no primeiro tempo, pero a superioridade e o dinamismo en ataque referendáronse.
No minuto 56 Orellana colocou un centro medido á área pequena que Augusto rematou de cabeza con precisión. O Celta adiantouse no marcador por méritos propios. O arxentino foi o encargado de buscar a portaría con insistencia, pero o resultado non variaría. Destacou o canteirán Yelko Pino, que fixo alarde da súa visión de xogo e capacidade asociativa. Rafinha gozou de dúas boas ocasións.
FICHA TÉCNICA
1-RC Celta: Sergio, Fernán, Jonathan Vila, Túñez, Fontás, Toni, Oubiña, Madinda, Krohn-Dehli, Nolito e David Rodríguez. Tamén xogaron: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Goldar, Bellvís, Borja Fernández, Yelko Pino, Augusto, Álex López, Orellana e Rafinha
0-Coruxo FC: Alberto García, Yago Yao, Antunez, Fernando, Sergi, Chacopino, Damiá, Pedro Crespo, Pardavila, Claudio e Álex Rey. Tamén xogaron: Costas, Campos, Besada, Villar, Centrón, Brais, Mella, Pazó, Reguero, Pedro Vázquez, Dani Gómez, Unai e Marcos
Goles: 1-0, Augusto (min.56)
Campo: Centro de Estágios de Melgaço (1.400 espectadores)
Incidencias: as autoridades de Arbo, localidade galega colindante con Melgaço, fixo entrega dunha metopa conmemorativa a ambos equipos. Antes do partido gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario acontecido hoxe en Santiago de Compostela.