IMG_5349
Primeiro Equipo

O Celta imponse ao Puerto de Vega e avanza á seguinte rolda da Copa del Rey (0-2)

RC Celta

O Celta selou o seu pase á seguinte rolda tras un partido no que foi de menos a máis ante un rival que mostrou a súa solidez desde o minuto uno.

O conxunto de Claudio Giráldez saltou ao terreo de xogo e rapidamente fíxose co dominio do partido, monopolizando a posesión e buscando os espazos fronte a un Puerto de Vega que defendeu con liñas moi xuntas. Un muro que parecía infranqueable pero ante o que os celestes souberon manter a calma e ir madurando o seu xogo co paso do tempo. Na primeira metade sucedéronse as oportunidades, destacando o disparo de Miguel Román que rozou o traveseiro ou os intentos de Hugo González e Mihailo Ristic.

Tras o descanso, o Celta atopou o impulso que necesitaba coa entrada e debut de Óscar Marcos que en tan só 4 minutos adiantaba ao conxunto celeste no marcador. O canteirán anotaba o seu primeiro tanto co primeiro equipo cun impecable cabezazo tras unha brillante acción colectiva iniciada por Cervi e culminada cun centro preciso desde a liña de fondo.

O equipo collía aire e seguía axexando a área rival cando, nunha internada de Hugo Álvarez, o árbitro sinalou un penalti que Damián Rodríguez terminaría transformando no 0-2 definitivo.

O partido chegaba ao seu fin e o Celta sumaba a súa terceira vitoria consecutiva, pechando o mes de outubro sen coñecer a derrota. Ademais, destacar o debut de varios xogadores do Celta Fortuna neste encontro que renderon a un grandísimo nivel: Hugo González, Óscar Marcos, Pablo Meixús e Andrés Antañón.

Superada esta primeira rolda da Copa del Rey, o Celta coñecerá o seu seguinte rival o vindeiro martes, 11 de novembro, cando terá lugar o sorteo realizado pola RFEF.

FICHA TÉCNICA:

0 – Puerto de Vega: Javi Torres; Matheus, Javier Suárez, Álvaro Rodríguez (Miguel Suárez, min. 78), Santi Otero; Ardura, Diego Fernández (Giraudo, min. 59), Riesgo (Pelayo García, min. 78); Borja Fernández, Trovato (Pablo Villar, min. 72) e David Álvarez (Rubén Menéndez, min. 59).

2 – Celta: Iván Villar; Joseph Aidoo, Yoel Lago (Óscar Marcos, min. 46), Carlos Domínguez; Cervi, Jones (Pablo Meixús, min. 60), Damián Rodríguez (Manu Fernández, min. 77), Miguel Román (Hugo Sotelo, min. 77), Mihailo Ristic; Hugo González (Andrés Antañón, min. 60) e Hugo Álvarez.

Goles: 0-1, min. 51: Óscar Marcos. 0-2, min. 53: Damián Rodríguez, de penalti.

Árbitro: De Burgos Bengoetxea (comité vasco). Amonestou con cartón amarelo ao local Ardura.

Incidencias: Partido correspondente á primeira rolda da Copa del Rey disputado no campo de El Pardo en Navia (Asturias).

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas