Primeiro Equipo

O Celta inicia a pretempada o luns cunha nutrida presencia de canteiráns

RC Celta

berizzo-entreno-010716.jpg

 

O vindeiro luns á 10:30 18:30 hrs. (porta aberta) arrinca na Madroa unha nova pretempada, antesala da ilusionante campaña 2016/17 na que o Celta volve competir nun torneo continental, a Europa League.

 

A aposta do club polo fútbol base continúa sendo firme e, un ano máis, Berizzo comezará a posta a punto do equipo cunha importante presenza de novos valores celestes baixo as súas ordes: os porteiros Iván Villar e Ángel Fraga, o defensa Diego Alende, os centrocampistas Pape Cheikh, Brais Méndez, Borja Fernández e Gustavo Ledes e o dianteiro Borja Iglesias.

 

O proxecto de canteira do RC Celta mantén o seu extraordinario potencial. Diso é reflexo a nómina de futbolistas formados na Madroa que xa forman parte do primeiro equipo e as novas promesas que, tempada tras tempada, espertan no club e na afección unha enorme ilusión polo futuro do fútbol base celeste.

 

Lista de xogadores que inician a pretempada o luns

Porteiros: Sergio, Rubén, Iván Villar, Ángel.

Defensas: Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, Jonny, Sergi Gómez, Planas, David Costas, Diego Alende.

Centrocampistas: Radoja, Wass, Señé, Drazic, Naranjo, Pape Cheikh, Borja Fernández, Gustavo Ledes, Brais Méndez.

Dianteiros: Iago Aspas, Bongonda, Beauvue, Borja Iglesias.

 

Os futbolistas Marcelo Díaz, Pablo  Hernández, Álex López, Madinda, Orellana e Guidetti, dispoñen de máis días de descanso ao ter compromisos deportivos tras a finalización do campionato ligueiro.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas