IMG_20260320_025048_315
Novas primeiro equipo

O Celta logra en Francia o billete aos cuartos de final da Europa League

RC Celta

IMG_20260320_025048_315

O Celta xa está entre os oito mellores equipos da UEFA Europa League. E así é despois de superar unha eliminatoria de gran esixencia ante o Olympique de Lyon que se resolveu no último asalto.

A rolda arrancou en Abanca Balaídos, onde o empate deixou todo aberto de cara á volta. Nesa ocasión, o tanto de Javi Rueda puxo por diante aos celestes nun encontro moi disputado, pero o conxunto francés logrou igualar nos minutos finais, obrigando a decidir a eliminatoria en Lyon.

Con ese escenario, o Celta viaxou ao Groupama Stadium consciente de que a marxe era mínima e a esixencia máxima. Alí, máis de 3.000 celtistas acompañaron ao equipo desde a bancada, facendo sentir o seu apoio desde o inicio e loitando xuntos por un soño do que ninguén quería espertar. Un alento que se transformou sobre o terreo de xogo e que foi fundamental para que os de Claudio Giráldez impuxesen o seu criterio. Javi Rueda abriu o camiño e Ferran Jutglà pechou o partido para asinar unha vitoria que non só supón o pase do Celta aos cuartos de final da Europa League, senón que escribe unha páxina máis na nosa historia ao tratarse da primeira vitoria celeste nun partido oficial en territorio francés.

O pitido final confirmaba a clasificación e desataba a euforia, o Celta xa se atopa nos cuartos de final da Europa League onde agarda o SC Friburgo, conxunto ao que se medirá a partido de ida e volta os próximos días 9 e 16 de abril, respectivamente.

O club quere agradecer de corazón o apoio de todos os celtistas, especialmente aos que estiveron en Lyon. Xuntos volvemos marcar a diferenza e xuntos seguiremos loitando e defendendo o escudo celeste por toda Europa.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas