16-9
Primeiro Equipo

O Celta medirase ao PAOK nos dezaseisavos de final da Europa League

RC Celta

Tras o empate logrado ante o Estrela Vermella no último encontro da fase de grupos da Europa League, o Celta xa coñece ao seu rival para os dezaseisavos de final.

Este mediodía, a Casa do Fútbol Europeo en Nyon (Suíza) foi o escenario do sorteo que definía os emparellamentos da seguinte rolda do torneo continental. O conxunto celeste partía con dúas posibles cruces: PAOK de Salónica ou LOSC Lille. Finalmente, a fortuna quixo que sexa o equipo grego o adversario do Celta nesta eliminatoria, que se resolverá co partido de volta en Abanca Balaídos, coa nosa xente, un factor sempre determinante neste tipo de competicións. Uns dezaseisavos de final que se disputarán os días 19 e 26 de febreiro.

O PAOK non será un rival descoñecido para os celestes. Ambos os equipos xa se viron as caras durante a fase de grupos, concretamente no segundo encontro, un partido que se disputou tamén no templo celeste e no que os pupilos de Claudio Giráldez levaron a vitoria por 3 a 1.

Agora, nunha eliminatoria a dobre partido e con moito máis en xogo, o Celta buscará volver impoñer o seu estilo e apoiarse na calor do celtismo para seguir avanzando en Europa.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas