O Celta non puido manter a vantaxe que obtivo na primeira parte cun tanto de Maxi Gómez e caeu 2-1 ante o Betis nun partido igualado e disputado que se decantou cun gol de estratexia no tramo final dunha segunda metade sen apenas ocasións.
Ao dez minutos, boa acción de Wass que acabou en saque de esquina e gran efectividade celeste a balón parado. Wass lanzou o córner desde a dereita Maxi Gómez levou o coiro á rede cun potente cabezazo, desviado por Camarasa. Tras o tanto, boas chegadas dun Celta superior.
Con todo, á media hora de xogo, co Betis en fase de reacción, un centro lateral desde a esquerda foi cabeceado á rede por Sergio Léon. No corazón da área. O descanso chegou cun remate cruzado de Wass que saíu lixeiramente desviado.
Tras a continuación, os celestes tomaron o dominio do choque, aínda que sen ocasións claras. Non había apenas ocasións no choque, pero o cadro local adiantouse aos 76 minutos tras un saque de esquina en curto que Feddal cabeceou á rede apoiándose de maneira clara en Sergi Gómez. Os célticos tentárono con forza ata o final, pero sen acerto.
FICHA TÉCNICA
2-BETIS: Adán, Barragán, Mandi, Feddal, Durmisi, Javi García, Guardado, Camarasa, Joaquín (Narváez, min.84), Francis (Tello, min.66), Sergio León (Sarabia, min.80).
1-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia (Cabral, min., 74), Sergi Gómez (Lobotka, min.80), Jonny, Radoja, Wass (Tucu Hernández, min.65), Jozabed, Iago Aspas, Sisto, Maxi Gómez.
Goles 0-1, min.10: Maxi Gómez; 1-1, min.31: Sergio León; 2-1, min.76: Feddal.
Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amonestou a Feddal, Mandi, Jozabed, Radoja.
Campo: Benito Villamarín.