Cae por 3-1 ante o cadro local. Augusto anotou o tanto do equipo vigués, no que debutou Santi Mina
O Celta caeu en Xetafe de forma clara, por tres goles a un, con todos os tantos do choque anotados na primeira metade. Os celestes pagaron os seus erros defensivos e non puideron reaccionar tras o empate asinado por Augusto. Debutou o xuvenil Santi Mina.
O Celta tomou enseguida o dominio do partido, combinando ben e buscando a área rival con decisión. Demidov cabeceou fóra á saída dun córner no primeiro remate céltico do choque, ao oito minutos de xogo. Dous minutos despois, erro da defensa e gol de Colunga, que encarou a Javi Varas e non fallou. Duro pau para os celestes, que se vían cun gol en contra tras un agasallo atrás cando tiñan o control do encontro.
A súa reacción foi espléndida. Nove minutos despois, gran xogada por cel centro, balón á banda esquerda, centro perfecto de Roberto Lago e fantástico cabezazo de Augusto á rede. Javi Varas atrapou despois con seguridade un lanzamento desde a frontal de Barrada. Repetiu despois cun remate cruzado de Colunga. Ben o gardameta celeste. Tras o empate, o Xetafe tomara lixeiramente o mando, pero topouse coa meta céltico nos seus dous remates con perigo.
E á seguinte acertaron, con fortuna, con rexeites, de maneira estraña. Diego Castro aproveitou un balón solto para levar o coiro á rede. Ían 32 minutos e ao Celta tocáballe de novo tratar de remontar.
Pero, nun saque de esquina, Fede cabceó á rede pouco antes do descanso. O partido púxose moi difícil para os celestes, que chegaron ao intermedio con dous tantos de desvantaxe.
Tras a continuación, o Celta tentou dar un paso adiante para buscar o milagre, aínda que sen acerto no primeiro tramo desta segunda metade. Os minutos pasaban, pero sen nada destacable, xenial para o cadro local, que fixo penalti á media hora de xogo, unha man de Alexis tras remate de Santi Mina, pero o colexiado non sancionou a acción.
Nova derrota do Celta, esta vez de forma clara.
FICHA TÉCNICA
3-Getafe C.F.: Moyá, Miguel Torres, Alexis, Fede, Escudero, Xavi Torres, Borja (Lacen, min.69), Pedro León (Gavilán, min.71), Barrada, Diego Castro e Colunga (Alcácer, min.82)
1-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Cabral, Demidov, Roberto Lago, Natxo Insa (Jonathan Vila, min.59), Álex López, Augusto, Orellana (Mario Bermejo, min.67), Kronh-Dehli e Iago Aspas (Santi Mina, min.59)
Goles: 1-0, min.10: Colunga; 1-1, min.19: Augusto; 2-1, min.32: Diego Castro; 3-1, min.41: Fede
Árbitro: Ayza Gámez, do comité valenciano. Amonestou a Borja, Cabral
Campo: Alfonso Pérez