Confírmase un novo compromiso estival na pretempada celeste. O RC Celta desprazarase a Ferrol o sábado 22 de xullo para disputar o I Trofeo Isidro Silveira (19:00 horas, A Malata), un triangular no que os vigueses se medirán ao Real Sporting e ao anfitrión, o Racing Club Ferrol.
Será a primeira edición dun torneo de especial significado para o Racing Club Ferrol, pero tamén para o RC Celta. Isidro Silveira, vigués, ferrolán de adopción e xogador céltico entre 1961 e 1964, é un referente na historia do equipo departamental, do que foi presidente desde 1996 ata o seu falecemento, o pasado mes de decembro.
PARTIDOS DE PRETEMPADA
RC Ferrol – RC Celta – Sporting
Sábado 22 de xullo | 19:00
A Malata
Brentford – Celta
Sábado 29 de xullo | 15:00
Griffin Park
Burnley – Celta
Martes 1 de agosto | 19:45
Turf Moor
Bayer Leverkusen – Celta
Sábado 5 de agosto | 14:00
BayArena
* Horas locais