IMG_20260130_025205_661
Novas primeiro equipo

O Celta pecha a fase de UEL con empate no pequeno Maracaná | Crvena Zvezda 1‑1 Celta

RC Celta

O Celta asinou un empate ante o Crvena Zvezda en Belgrado nun partido que non condicionaba a súa clasificación, xa asegurada para a seguinte rolda da UEFA Europa League, pero que serviu para medir a súa solidez nun escenario esixente e cun ambiente hostil. O conxunto celeste rozou a vitoria tras un esforzo serio e sostido, cun gol de Fer López nos últimos minutos, pero Bruno Duarte aguou a festa pouco despois.

A primeira parte foi espesa, cun Estrela Vermella que levou todo o peso inicial, apretando con intensidade e buscando o erro dos pupilos de Claudio Giráldez, quen optaron por un plantexamento máis prudente e controlado co fin de minimizar riscos. Os primeiros 45 resumíronse en poucas ocasións claras e moito duelo no centro do campo, cun Celta ben ordenado atrás e sen conceder excesivo perigo antes do descanso.

Tras o paso por vestiarios, o partido abriuse algo máis. Os galegos gañaron presenza ofensiva co paso dos minutos e atoparon premio na recta final grazas a Fer López, que asinou un gran gol desde fóra da área para adiantar ao seu “novo” equipo. Non obstante, a ledicia durou pouco, xa que un desaxuste defensivo permitiu ao Estrela Vermella empatar case de inmediato, deixando o marcador definitivo en táboas.

O balance final é positivo para o Celta, que soubo resistir nun campo complicado e logrou un gran punto, aínda que non necesario, para seguir vivo en Europa. O empate permite avanzar a próxima fase da UEL e asegurarse o partido de volta en Abanca Balaídos, un factor clave para afrontar con ambición a seguinte eliminatoria continental. O sorteo para coñecer ao novo rival celeste terá lugar mañá, venres 30 de xaneiro, ás 13:00 h e poderá seguirse a través do canal de YouTube oficial do club.

FICHA TÉCNICA:

Estrella Roja: Matheus; Seol, Rodrigao, Veljkovic, Tiknizyan (Avdić, 50); Kostov (Lučić, min. 45), Elsnik, Krunic, Stankovic (Milson, min. 80); Katai, Arnautovic (Bruno Duarte, min. 78).

Celta: Radu; Javi Rodríguez, Yoel Lago (Mihailo Ristic, min. 82), Marcos Alonso; Javi Rueda (Óscar Mingueza, min. 82), Ilaix Moriba, Miguel Román, Sergio Carreira; Iago Aspas (Fer López, min. 61), Hugo Alvarez, Borja Iglesias (Ferran Jutglá, min. 61).

Goles: Fer López (min. 87) e Bruno Duarte (min. 89).

Árbitro: Andrea Colombo (Italia). Mostrou cartón amarelo a Miguel Román (min. 34), Krunic (min. 42) e Lučić (min. 72).

Incidencias: Último partido correspondente á fase de liga da UEL disputado no Rajko Mitić, ao que se desplazaron en torno a 900 celtistas.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas