Primeiro Equipo

O Celta pecha en Balaídos cunha vitoria unha tempada histórica

RC Celta

celmcf080516

 

O Celta sumou unha vitoria en Balaídos ante o Málaga, con gol de Nolito, que lle permite asegurar a sexta praza e seguir optando á quinta. Foi un triunfo saboroso para pór punto e final en Balaídos a unha tempada histórica nunha xornada infestada de celebracións coa afección.

 

O dominio celeste desde o inicio do partido, con boas chegadas esporádicas, algunha tras brillantes combinacións, traduciuse en vantaxe á media hora de xogo. Gran saída á contra de Wass, con pase aberto a Nolito, toque cara ao centro a Iago Aspas e preciso envío do canteirán entre liñas a Orellana, cuxo centro foi rematado á rede polo gaditano. Gran xogada.

 

Pouco houbo máis até o descanso nun partido pausado, sen excesivas ocasións, Rubén desviou ben un lanzamento de falta e Ochoa desbaratou as ocasións celestes.

 

Tras a continuación, o Málaga tomou a iniciativa e aproximouse con perigo nos primeiros instantes e o Celta funcionou por arreones, xerando perigo en cada unha das súas chegadas. Ochaoa desviou coa punta dos dedos unha xenial vaselina de Iago Aspas aos 25 minutos de xogo.

 

Rubén volveu lucirse no tramo final nun lanzamento desde a frontal nunha fase de xogo dominada polo conxunto visitante. Vitoria e inmellorable peche en Balaídos dunha campaña extraordinaria

 

1-RC Celta: Rubén, Jonny, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Planas, Marcelo Díaz, Wass (Radoja, min.71), Pablo Hernández, Orellana (Drazic, min.80), Nolito e Iago Aspas (Guidetti, min.91)

 

0-Málaga CF: Ochoa, Weligton, Chory (Juanpi, min.66), Camacho, Charles, Atsu, Recio (Duda, min.84), Ricca, Duje Cop (Uche, min.80), Filipenko e Torres

 

Goles: 1-0, min.30: Nolito

 

Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestou a Ricca, Recio

 

Campo: Balaídos, 21021 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas