Primeiro Equipo

O Celta pecha unha semana fantástica cunha valiosa vitoria en Elche

RC Celta

elche_celta_web_26914.jpg

Nolito anotou no tramo final o tanto do triunfo nun partido de claro dominio celeste (0-1)

 

O Celta derrotou ao Elxe cun gol nos últimos instantes de Nolito, que fixo un partido enorme. O equipo vigués segue invicto e ademais acabou por primeira vez esta tempada coa portaría a cero. O choque tivo claro dominio celeste e o triunfo pecha unhas emana fantástica para os célticos.

 

Charles e Pablo Hernández asustaron ao tres minutos de xogo con dúas boas aproximacións lanzadas por Noito. O partido foise arrefriando despois, con pouca claridade nas zonas de ataque que se traduciu na invisibilidade dos porteiros, aínda que con maior intención dos locais. Con todo, a seguinte chegada perigosa foi de novo celeste, aos 14 minutos, cun remate de Nolito que atrapou ben Manu Herrera.

 

Cinco minutos despois, de novo o andaluz asustou aos locais cunha falta lateral que lanzou a porta. O coiro saíu lixeiramente elevado. Tras esta xogada, malas noticias. Aos 22 minutos, Augusto foise ao chan nunha xogada son contacto. O certo é que entre esta acción e unha anterior cotenada de Jonathas a Fontás, que necesitou asistencia, o Celta disputou bastantes minutos en inferioridade.

 

O árbitro perdooulle a expulsión a Jonathas aos 29 minutos nunha acción moi similar á que lle custou o cartón amarelo pouco antes. Nesa fase do xogo, o Celta dominaba o choque, aínda sen fabricar ocasións claras. Orellana, aos 34 minutos, non chegou por centímetros a cabecear un bo centro de Nolito, presente en todas as accións de perigo céltico.

 

A mellor oportunidade chegou no desconto. O intenso dominio celeste derivou nunha dobre ocasión, enorme, de Orellana e Nolito que desbaratou Manu Herrera e un defensor local. Os vigueses dominaron con claridade o encontro despois do cuarto de hora inicial. Non xeraron excesivas accións de gran perigo, pero tampouco sufriron ningunha dun Elxe que non era capaz de atopar camiños cara á área de Sergio.

 

A segunda metade arrincou igual: Dominio claro do Celta e boa ocasión fabricada por Nolito. Centrou cara a Orellana, quen non atinó no segundo pau. O Elxe rematou con perigo aos 4 minutos cun pase atrás de Jonathas que Rodrigues enviou fóra.

 

Pouco despois, boa chegada de Nolito, con cesión final de Charles a Pablo Hernández e remate frouxo do celeste. Outra boa ocasión para un Celta superior ao seu rival, que tivo a súa nun mal despexe tras unha falta que acabou co coiro no traveseiro.

 

O Celta puido anotar de novo aos 18 minutos cun gran envío de Kronh-Dehli cara a Orellana, quen cruzou en exceso o seu remate. E unha vez máis aos 26 minutos cun cabezazo de socato de Sergi Gómez que saíu fóra de maneira incrible. Como unha do Elxe aos 30 minutos, con barullo e taconazo na área pequena que atrapou Sergio.

 

O empeño celeste, co partido roto, chegou á súa culminación nos instantes finais cunha gran contra e un pase enorme de Kronh-Dehli cara a Nolito, quen se acomodou o coiro e marcou co interior da perna esquerda.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

0-Elche: Manu, Damián, Rocco, Lombán, Albacar, Mosquera, Rodrigues, José Ángel (Adrián, min.77), Víctor (Herrera, min.85), Fayçal (Coro, min.64) e Jonathas

 

1-R.C.Celta: Sergio, Sergi Gómez, Cabral, Fontás, Jonny, Augusto (Kronh.Dehli, min.25), Radoja, Orellana, Pablo Hernández, Nolito (Hugo Mallo, min.93) e Charles (Larrivey, min.73)

 

Goles: 1-0, min.89: Nolito

 

Árbitro: Pérez Montero, do comité andaluz. Amonestou a Jonathas, Rodrigues, Lombán, Adrián, Radoja, Sergi Gómez

 

Campo: Martínez Valero

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas