O equipo regresa hoxe a Vigo e retomará os adestramentos o luns pola mañá na Madroa
O RC Celta puxo hoxe fin á xira británica cun adestramento matinal en “The Hive”, as instalacións deportivas do londiniense Barnet FC. Os celestes regresan a Vigo tras ofrecer moi boas sensacións no catro partidos disputados en terras inglesas. O conxunto galego empatou o tres primeiros amigables ante Norwich (2-2), Wolverhampton (1-1) e Burnley e conseguiu un meritorio triunfo ante o Everton (1-3), quinto clasificado da Premier League.
O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, valorou esta mañá a fase da pretemporada desenvolvida no Reino Unido: “O equipo tivo moi boas pasaxes dentro de cada partido, tamén cuestións a corrixir e seguir desenvolvendo, pero en liñas xerais creo que nos levamos máis cousas positivas”, asegurou o técnico.
O equipo chegará esta noite a Vigo e descansará durante o fin de semana. O luns pola mañá os adestramentos regresarán ás instalacións do Celta na Madroa.