O árbitro anulou un gol legal aos celestes cando todavía restaban dez minutos para o final
Inicio de partido de infarto para o Real Club Celta. En menos de dez minutos o colexiado anulou ao Betis até dous goles por fóra de xogo. O árbitro estivo acertado, Rubén na primeira xogada e Nosa na segunda atopábanse en posición adiantada.
Os andaluces apertaban moito desde o asubío inicial e o Celta tardou uns minutos en reaccionar. No minuto 16 Augusto estivo a piques de enganchar un balón na área bética e nas 31 Aspas sacouse da chistera un gran remate, case sen ángulo, que Adrián tivo que despexar con dificultade.
O porteiro celeste, Javi Varas, tamén tivo un par de boas intervencións que evitaron o gol dos locais. O encontro chegou ao descanso coa sensación de que calquera dos dous equipos podía ser o primeiro en facer dano ao rival.
No segundo tempo mantívose o guión. O Betis tentaba sorprender a Varas con disparos afastados, mentres que aos vigueses custáballes máis rematar a porta. No minuto 66 os andaluces adiantáronse no marcador. Centro á área que remata de primeiras Rubén Castro.
A partir do 1-0 o Celta envorcouse no ataque e o Betis apostou por xogar á contra. No 71 Rubén Castro estivo a piques de sentenciar o partido. Remate na área que despexou Javi Varas cos pés. No rexeite o dianteiro bético cabeceou o balón ao poste.
No minuto 80 chegaría a xogada polémica do partido. Saque de falta na que os vigueses executan unha gran xogada ensaiada que termina en gol. O xuíz de liña levantou o banderín e o tanto foi anulado, con todo a repetición deixa claro que o xogador celeste atopábase en posición correcta e por varios metros. Decisión arbitral inexplicable.
O conxunto olívico tentouno até o final, pero sen chegar a inquietar a Adrián. Derrota que deixa ao Celta moi tocado cando tan só restan dous partidos para finalizar a tempada.
FICHA TÉCNICA
1-BETIS: Adrián, Chica, Nacho, Mario (Paulao, min.69), Amaya, Rubén Pérez, Beñat, Juan Carlos (Vadillo, min.58), Nosa (Salva Sevilla, min.53), Rubén Castro e Pabón
0-RC CELTA: Varas, Jonny (Pranjic, min.81), Vila, Túñez, Roberto Lago (Toni, min.74), Oubiña, Natxo Insa, Augusto, Orellana (De Lucas, min.53), Krohn-Dehli e Aspas
Goles: Rubén Castro, 1-0 (min.66)
Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Amonestou a Natxo Insa, Jonny, Vila (cumplirá ciclo de tarxetas), Amaya, Rubén Castro, Vadillo, Rubén Pérez
Campo: Benito Villamarín