Primeiro Equipo

O Celta remonta e suma unha vitoria de gran valor ante o Betis

RC Celta

cel-bet_4-2.jpg

Os celestes, empuxados pola súa afección, refixéronse ao tanto do rival e acabaron goleando (4-2)

 

O Celta, empuxado unha vez máis pola súa afección, superou con claridade ao Betis tras remontar un temperán gol de Rubén Castro. A reacción celeste foi tremenda e Charles, Orellana en dúas ocasións e Nolito anotaron para asinar unha vitoria de gran valor.

 

O Celta comezou o choque con máis ritmo que o seu rival e dispuxo dun par de achegamentos a balón parado que non pido aproveitar nos primeiros minutos. O Betis foise metendo aos poucos no partido e tamén comezou a xerar perigo. Aos 16 minutos, centro desde a dereita e remate coa coxa no segundo pau de Rubén Castro.

 

O Celta tiña o partido costa arriba ao primeiro de vez. Unha vez máis. O cadro andaluz deu un paso atrás enseguida. Baixou a liña de presión e reduciu riscos ao máximo. Aínda así, pouco despois, aos 22 minutos gran centro de Rafinha e enorme cabezazo de Orellana á rede. Os vigueses refixéronse de maneira veloz e mantivo a súa acoso tras o tanto de Orellana.

 

E tivo premio tras unha gran xogada e un espectacular centro de Hugo Mallo que Charles cabeceou en ferro á rede. Gran gol dos celestes para remontar cando aínda non se cumpriu a media hora na primeira metade. Puido chegar o terceiro aos 36 minutos á saída dun córner que Charles cabeceou e Sara de atopou de maneira milagrosa. Chegou dous minutos despois. Gran deixada de Charles a Orellana e rosca do chileno á escuadra. Golazo, o segundo do chileno, para ampliar a vantaxe. Así se chegou ao descanso.

 

Tras a continuación, o Betis saíu con decisión e ambición para tratar de recortar a súa desvantaxe. Os andaluces empuxaron con forza e crearon inquietude na zaga celeste no arranque da segunda metade.

 

A primeira contra celeste foi espléndida cun gran pase de Orellana a Álex López, que rematou de primeiras ante Sara lixeiramente desviado. Ían 16 minutos e o Betis non deixara de apertar, pero ben controlados polos celestes, eficaces en defensa e veloces no contragolpe.

 

Non fallaron os vigueses ao bordo da media hora. Gran pase de Charles e remate de primeiras de Nolito para aumentar a vantaxe céltica. O Celta encaraba o último cuarto de hora de partido cunha ampla vantaxe, aínda que Rubén Castro anotou nunha xogada a balón parado tres minutos despois para darlle algo de vida ao seu equipo.

 

Os vigueses aguantaron ben o arreón posterior do Betis e mesmo dispuxeron dalgunha ocasión para marcar, como un bo remate de Nolito que saíu preto do traveseiro.

 

Gran vitoria, con nova remontada, e tres puntos de enorme valor.

 

FICHA TÉCNICA

 

4-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Jonny, Oubiña, Álex López (Nolito, min.68), Krohn-Dehli (Madinda, min.75), Rafinha, Orellana e Charles (Mario Bermejo, min.91)

 

2-R.Betis: Sara, Paulao (Jordi, min.46), Amaya, Leo Baptistao (Jorge Molina, min,63), Nono (Cedrick, min.69), Verdú, Juanfran, Salva Sevilla, Reyes, Nacho e Rubén Castro

 

Goles: 0-1, min.16: Rubén Castro; 1-1, min.22: Orellana; 2-1, min.29: Charles; 3-1, min.38: Orellana; 4-1, min.72: Nolito; 4-2, min.78: Rubén Castro

 

Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario. Expulsou a Cedrick (min.90) e amonestou a Salva Sevilla, Nono, Rubén Castro, Krohn-Dehli, Orellana

 

Campo: Balaídos, 18.957 espectadores

 

Foto Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas