Primeiro Equipo

O Celta renova a outro dos seus canteiráns: Toni será celeste as próximas 4 campañas

RC Celta

Toni_Rodriguez_-_Renovacion.jpg

O xogador, agradecido e feliz pola súa continuidade no club

 

O Real Club Celta pechou a renovación doutro dos seus canteiráns. O club e o futbolista Antonio Rodríguez Dovale, Toni, prolongaron a súa vinculación catro tempadas. Toni, quen chegou á entidade celeste fai oito campañas, expresou a súa gratitude ao club e ao corpo técnico por “a confianza que depositaron en min” e o seu compromiso de “apertar aínda máis forte para facer un bo ano”.

 

“Estou moi contento. Teño que estar moi agradecido ao adestrador e o corpo técnico pola confianza que me deron desde o principio e ao club por apostar por min con esta renovación de contrato. A partir de agora, despois dun verán un pouco diferente, é o momento de tratar de empezar a liga con bo pé”, comentou o mozo xogador celeste.

 

Toni indicou que “desde o primeiro día tentei traballar ao cento por cento, seguir na liña que tiven desde que cheguei ao club e que a miña situación non variase o meu rendemento no campo. É evidente que a miña ilusión e o meu traballo tiveron recompensa”.

 

“Son un mozo que non se conforma con nada e a día de hoxe o que hai que facer é apertar aínda máis forte se cabe para facer un bo ano”, engadiu o canteirán, quen subliñou que “para min é algo bonito seguir aquí. A afección sempre me tratou con moitísimo agarimo, a xente na rúa arroupoume moito e a forma de agradecerllo a eles, ao corpo técnico e ao club é dándoo todo no campo e tratar de axudar ao equipo a conseguir os seus obxectivos”.

 

“O futuro é esperanzador e ilusionante para todos. Estamos a traballar dunha maneira como non fixeramos antes e iso fainos ser moderadamente optimistas a todos”, concluíu.

 

Fotografía: Marta Grande

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas