#ÁnimoMarche_2
Primeiro Equipo

O Celta saíu ao céspede de Abanca Balaídos vestindo unha camiseta de apoio a Agustín Marchesín

RC Celta

Antes do inicio do partido de Liga ante o Atlético de Madrid, o RC Celta enviou unha mensaxe de ánimo e agarimo ao porteiro celeste Agustín Marchesín, lesionado de gravidade. Os xogadores saíron ao céspede de Abanca Balaídos vestindo unha camiseta de apoio ao futbolista arxentino coa mensaxe “Ánimo Marche”.

O pasado venres 3 de febreiro Marchesín foi intervido satisfactoriamente dunha rotura do tendón de Aquiles da perna esquerda, lesión que lle manterá de baixa ao redor de 8 meses. O club desexa ao xogador unha pronta e total recuperación. Ánimo Marche!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas