Antes do inicio do partido de Liga ante o RCD Espanyol, o Celta enviou unha mensaxe de ánimo e agarimo ao atacante celeste Claudio Beauvue, lesionado de gravidade a pasada xornada ante o Real Betis en Balaídos. Os xogadores saíron ao céspede do RCDE Stadium vestindo unha camiseta de apoio ao futbolista de Guadalupe coa mensaxe “Forza/Courage Claudio”.
O pasado domingo Beauvue foi intervido satisfactoriamente dunha rotura do tendón de Aquiles da perna dereita, lesión que lle manterá de baixa uns 5 ou 6 meses. O club desexa ao xogador unha pronta e total recuperación. Ánimo Claudio!