Primeiro Equipo

O Celta, soberbio e ambicioso, roza a proeza ante o Real Madrid (2-2)

RC Celta

Espectacular partido do Celta ante o Real Madrid. Os celestes exhibiron entrega e categoría nun duelo de máxima esixencia do que puideron levar o tres puntos. O primeiro tempo, eléctrico, de ti a ti, deixou tres goles en cinco minutos aloucados. Daniel Wass abriu o marcador cunha fermosa vaselina e a continuación Bale marcou un dobrete que daba a volta ao marcador de maneira inesperada.

Tras a continuación e a pesar do cansazo, o Celta tomou o mando e non deixou de perseguir a remontada ante un Real Madrid que, aínda sen ofrecer a súa mellor versión, dá sensación de perigo cada vez que recolle o balón. A falta de oito minutos para o asubío final, Wass asistiu para o remate de cabeza de Maxi Gómez. Balaídos tremeu e se desquitó do penalti fallado pouco antes por Iago Aspas (o primeiro que lle pairan en Primeira División tras once anotados). O Celta pecha a complicada primeira semana de 2018 con dous empates 2-2 ante os ‘todopoderosos’ Barça e Real Madrid.

FICHA TÉCNICA

2-CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Jonny, Radoja, Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Maxi.

2-R.MADRID: Navas, Achraf, Varane, Nacho, Marcelo, Casemiro, Kroos, Modric, Isco, Bale, Ronaldo.

Goles: Wass (1-0, min.33); Bale (1-1, min.35); Bale (1-2, min.38); Maxi Gómez (2-2, min.82).

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amonestou a Hugo Mallo (Celta); Casemiro e Navas (R.Madrid).

Campo: Balaídos (20.872 espectadores).

Observacións: antes do partido Iago Aspas recibiu o Premio Manuel de Castro, entregado por Moiceleste.com, El Fútbol Es Celeste e Siareiros.net e que decide o celtismo a través dunha votación.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas