O Celta baleirouse en busca dunha vitoria que non chegou de maneira incomprensible polas grandes ocasións xeradas e desperdiciadas e un empuxe que non decaeu en ningún momento. O Betis adiantouse na primeira metade na súa única chegada e Pablo Hernández empatou xa avanzada a segunda.
O Celta non tardou en acender os motores, dominar e xerar perigo. Ao seis minutos, centro desde esquerda e xenial taconazo de Guidetti á madeira. O abafador dominio celeste non deu os froitos merecidos e con todo o Betis si anotou nunha xogada plena de rebotes estraños. N’Diaye acabou empuxando o coiro á rede case sobre a liña de gol.
O tanto bético descentró un tanto aos celestes, que caeron en certas precipitacións que lles afastaron da área. O celta de repuxo aos poucos, volveu mandar con claridade e pasada a media hora de xogo, inmellorable ocasión para o empate. Nolito cabeceou un bo centro de Beauvue e o rexeite caeu case en liña de gol a Orellana, quen rematou desviado. As desgrazas na primeira metade, con máis ocasións desperdiciadas, foron crecendo e nos minutos finais Wass e Beauvue pediron a substitución por problemas físicos.
Tras a continuación, o Betis perdoou tras un córner a favor do Celta e unha contra que acabou en man a man con malogrado por Rubén Castro. Os celestes tardaron uns minutos en reaxustarse, adaptarse ás esixencias dun rival moi metido atrás e volver xerar perigo.
Aínda por riba de males, ao Celta anuláronlle por fóra de xogo un gol legal de Guidetti tras pase de Nolito. O acoso celeste, tremendo, posibilitou. A falta de 13 minutos o empate de Pablo Hernández, quen rematou coa dereita con potencia para sorprender a Adán. Os vigueses seguiron empuxando até o final, pero non aproveitaron as súas ocasións e tiveron que conformarse cun empate moi curto para os méritos adquiridos.
FICHA TÉCNICA
1-RC Celta: Rubén, Jonny, Sergi Gómez, Cabral, Planas, Radoja (Pablo Hernández, min.74), Wass (Marcelo Díaz, min.40), Beauvue (Iago Aspas, min.44), Orellana, Nolito e Guidetti
1-R Betis: Adán, Molinero, Montoya, Bruno. Joaquín (Xai Torres, min.74), Musonda (Portillo, min.91), Dani Ceballos (Cejudo, min.64), N´Diaye, Pezzella, R. Castro e Petros
Goles: 0-1, min.24: N´Diaye; 1-1, min.77: Pablo Hernández
Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amonestou a Rubén Castro, Dani Ceballos, Cejudo, Cabral, Jonny, Orellana
Campo: Balaídos, 14.934 espectadores