Iago Aspas, Bongonda e Nolito, quen debutou esta pretempada, foron os goleadores (3-0)
O Celta sumou un novo triunfo esta tempada ao superar con claridade na Senra ao Boavista con goles de Iago Aspas, Theo Bongonda e Nolito, quen entrou na segunda metade para gozar dos seus primeiros minutos esta pretemporada.
Comezo fulgurante do Celta, que aproveitou se primeira chegada para anotar. Theo Bongonda habilitou cun bo pase profundo a Iago Aspas, quen controlou en carreira, foise por velocidade, superou con facilidade ao porteiro cun gran caneo e anotou coa dereita.
E cinco minutos despois, os mesmos protagonistas, pero cos papeis cambiados. Aspas meteu o coiro en profundidade cara a Bongonda, quen cruzou o coa esquerda para superar á meta portugués.
O Celta era un bulebule, tocaba con velocidade e desarbolaba a presión do conxunto luso para xerar ocasións constantes. Rubén, en cambio, apenas tiña que intervir. O partido decaeu un tanto no tramo final, con máis imprecisións e apenas ocasións.
Tras o descanso, Sergio desviou ben un cabezazo na área pequena na primeira chegada con perigo do Boavista. Pouco despois, Augusto caeu derrubado na área tras unha gran manobra, pero o xogo sigiuió.
Aos 7 minutos, Nolito entrou en acción, en lugar de Bongonda, por primeira vez esta pretemporada. O Boavista arrincara a segunda metade con maior intensidade e acerto e o choque estaba máis igualado e con maior ida e volta. Nolito pido marcar aos 20 minutos cun bo lanzamento de falta que detivo ben a meta luso. Sergio desviou despois cunha gran estirada un lanzamento desde a frontal. O cadro portugués había mellorado as súas prestacións de maneira notable e tomado o mando do choque.
Nolito pido marcar aos 35 minutos tras un gran taconazo de Guidetti, pero o seu remate foi despexado baixo paus. Ao terceiro 8intento, anotou o gaditano. Recolleu un rexeite para anotar con potencia o terceiro tanto celeste.
FICHA TÉCNICA
3-R.C.Celta: Rubén (Sergio, min.46), Jonny (Radoja, min.53), Cabral (Costas, min.85), Fontàs, Planas, Augusto (Guidetti, min.53), Wass, Orellana (Madinda. Min.81), Tucu Hernández (min.75), Bongonda (Nolito, min.52) e Aspas (Señé, min.69).
0-Boavista F.C: Gideao Castro (Mika, min.46): Inkoom, Ruben Gabriel (Tengarrinha, min.56), Paulo Vinicius, Diego Lima (Carvalho, min.85), Carlos Santos (Leozinho, min.18), Alfonso Figueiredo, Idris, Uchebo, Luisinho (Pouga, min.88) e Sampaio.
Goles: 0-1, min.3: Iago Aspas; 2-0, min.8: Bongonda; 3-0, min.83: Nolito.
Árbitro: Rubén Eriz Mata. Amonestou a Sampaio, Idris.
Campo: A Senra, uns 2.000 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria do directivo do Ribadumia Carmelo Castro.