20220221_Partido_RCCeltaVsLevanteUD_3
Primeiro Equipo

O Celta suma un punto ante o Levante UD en Abanca Balaídos (1-1)

RC Celta

O RC Celta empatou (1-1) ante o Levante UD en Abanca Balaídos no partido correspondente á vixésimo quinta xornada de LaLiga. Os celestes adiantáronse no marcador mediada a segunda metade pero o conxunto granota igualou o choque no tramo final.
O partido comezaba cunha ocasión moi clara para o Levante con Dani Gómez como protagonista, que non lograría acertar no arco local. A reacción celeste viño da man de Cervi, que remataba con perna dereita ás mans de Cárdenas.
A segunda metade, sen ocasións claras no primeiro tramo, desnivelábase en favor do Celta grazas a un gran centro de Galán que remataba Cervi a gol cunha cacholada inapelable. Un gol que, a oito para o final, sería igualado por medio de Roger Martí. Con 1-1 no marcador, o debutante Orbelín Pineda dispuxo dunha gran ocasión para dar a vitoria ao conxunto vigués, pero o meta rival despexaba a saque de esquina para preservar o empate.
Con este resultado, o Celta pecha a xornada en novena posicións con 32 puntos en vintecinco xornadas. Os celestes mediranse ao Atlético de Madrid o vindeiro sábado 26 de febreiro no Wanda Metropolitano ás 21:00 na vixéximo sexta xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA: Dituro; Hugo Mallo, Aidoo, Araújo (Carlos Domínguez, min. 61), Javi Galán; Fran Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez (Orbelín, min. 61), Cervi (Tapia, min. 76); Iago Aspas, Santi Mina (Galhardo, min. 85).

1 – LEVANTE UD: Cárdenas; Miramón, Róber Pier, Óscar Duarte, Cáceres (Malsa, min. 74), Son (Clerc, min. 84); Melero (Cantero, min. 74), Pepelu, Bardhi; Dani Gómez (Roger Martí, min. 61), Morales (De Frutos, min. 61).

Goles: Cervi (1-0, min. 66); Roger Martí (1-1, min. 82).

Árbitro: Pizarro Gómez, do colexio madrileño. Amonestou a Araújo, Cervi e Iago Aspas, del RC Celta, e a Melero, Cáceres, Cárdenas, Roger Martí e De Frutos, do Levante UD.

Campo: Abanca Balaídos, 9.776 espectadores.

Observaciónss: Minuto de silencio en recordo das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas